sábado, 26 de diciembre de 2015

jueves, 17 de diciembre de 2015

MOITA SORTE PARA PABLO

Este sábado 19 de decembro, ás 22.30 horas, poderemos ver na TVG, a Pablo Romero (5º de Primaria) participando nun concurso de voces infantís.
Aquí temos a mensaxe que os seus compis de clase lle deixaron!!!


O APALPADOR PASOU POLO COLE

Esta mañá recibimos a visita do Apalpador acompañado por dous gaiteiros e máis unha pandereteira.
Agardamos que vos traia moitos agasallos o día 24!!!


martes, 15 de diciembre de 2015

FELIZ NADAL A TODOS/AS DENDE O RECUNCHO DE TAMBO

Fantástico traballo decorativo, coma sempre,  da ANPA do C.E.I.P. Carballal...


CONTACONTOS BEN DIVERTIDOS

O alumnado de 6º de Primaria está a realizar unha labor importante durante este curso contando fantásticos contos aos nenos/as de Educación Infantil... ás veces son tan animados que están acompañados por bailes!!



MURAL DO ALUMNADO DE 5 ANOS

Os nenos e nenas de 5 anos, a través das súas visitas á biblioteca na procura de información, elaboraron este marabilloso mural sobre o mar.





viernes, 4 de diciembre de 2015

PARABÉNS AOS SELECCIONADOS PARA O CONCURSO DA TVG

A Televisión de Galicia seleccionou a 6 alumnos/as do noso centro para participar nun concurso de voces infantís.
Destacamos que de 18 seleccionados de toda Galicia, 6 son do C.E.I.P. Do Carballal de Marín, co que queda claro que hai boa materia prima musical neste pobo...
Moito ánimo aos catro participantes non seleccionados, o que non significa que sexan mellores nin peores: Samuel de 4º, Iago de 4º, Xabi de 5º e Daira de 6º.
Os afortunados/as son:
-Arabia de 6º
-Aroa de 6º
-Ainhoa de 6º
-Pablo de 5º
-Paula de 4º
-María de 5º

DENDE O RECUNCHO DE TAMBO DAMOS OS NOSOS PARABÉNS!!!

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

O noso amigo Dieder fíxonos unha demostración gratuita, durante esta semana, sobre percusión tradicional e percusión con material de refugallo.
Dounos moitas ideas para acompañar as nosas cancións sobre bichos que este ano faremos no P.D.I. promovido polo "Recuncho de Tambo"...
Se alguén está interesado nas súas clases, pode poñerse en contacto con el (657290808), xa que está a formar grupos en Marín.



domingo, 29 de noviembre de 2015

TAMBO DESEXA MOITA SORTE A ESTES/AS SUPERCANTORES/AS

A TVG fará unha selección destes 10 alumnos/as do noso cole para participar nun concurso de voces infantís que emitirán en breve... Moita sorte a todos dende O Recuncho de Tambo!!!



martes, 24 de noviembre de 2015

SESIÓN DE CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO RECUNCHO DE TAMBO

Onte tivemos unhas fermosas xornadas para educar en contra da violencia de xénero na nosa biblioteca e grazas ao Concello de Marín.


miércoles, 21 de octubre de 2015

CONTACONTOS DE MEDO

Tambo e Onza teñen unha chea de libros de medo seleccionados na biblioteca.
Podedes pasar por alí para botarlle unha ollada.
Recordámosvos que o vindeiro xoves 29 de outubro, teremos ao longo da mañá, narracións de contos de medo por parte de mestres/as: Laura, Chus, Graciela, Pili, Víctor, etc
Non faltedes!!


martes, 29 de septiembre de 2015

P.D.I. PARA O CURSO 2015-2016

Argallando un novo P.D.I. dende a biblio do cole... estade ben atentos/as!!




TRABALLOS AUDIOVISUAIS DO "RECUNCHO DE TAMBO"

Aquí tendes unha serie de traballos audiovisuais realizados no curso pasado (2014-2015) que tiveron relación coa nosa biblioteca.
Agardamos que vos gusten!!



                                          

                                          

                                          

                                          

                                          

                                          

                                          


lunes, 7 de septiembre de 2015

VÍDEO RECOPILATORIO DOS PRODUTOS OBTIDOS DO P.D.I. SOBRE A ILLA DE TAMBO

Durante o curso 2014-2015 os nenos e nenas do C.E.I.P. Do Carballal de Marín, realizamos unha serie de actividades sobre a illa De Tambo que podemos visualizar neste vídeo... Todas esas actividades forman parte dun proxecto didáctico integrado propulsado pola biblioteca do centro e que xurdiu a partires da súa mascota.
Agardamos que vos guste!!!



sábado, 14 de marzo de 2015

Traballo audiovisual sobre Rosalía de Castro

Aí vai o vídeo realizado por diversos colexios da zona, entre o que se atopa o noso,