lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017

Celebramos un Samaín ben monstroso este curso.
Tivemos unha fermosa exposición de cabazas arredor dunha ambientación de luxo montada pola ANPA "Viñas Blancas".
Polas paredes penduraban inxeniosos pareados de medo e algunha nena incluso veu disfrazada!
Houbo moitísimas cousas relacionadas co PDI "A maxia de comunicar"...
Botade unha ollada!!!


O día grande chegou co agardado túnel do terror que mellora máis e máis cada ano...
A ANPA "Viñas Blancas" deseñou unha serie de actividades de impresión para a rapazada.
Deica o ano que vén Samaín!!!


viernes, 27 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2017

O pasado martes 24 de outubro celebramos no cole o "Día da Biblioteca Escolar".
Xustiño esa tarde recibimos unha boa nova: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia concedeunos 1600 euros para mercar novos fondos bibliográficos grazas á memoria de actividades celebradas no recuncho de Tambo durante o curso pasado.
En breve, deixaremos un buzón na biblioteca, para que metades dentro as vosas suxerencias de libros para mercar.


Durante a mañá, celebrouse unha sesión de animación á lectura a cargo de Celtia Figueiras, en dúas tandas adicadas a diferentes idades e titulada "Os libros da titiriteira".
A continuacion procedeuse á entrega de premios e mencións especiais aos afortunados creadores dos marabillosos logos destinados á nosa Radio-Tv escolar que estamos a argallar.


Neste vídeo podedes observar como desfrutamos:


O día anterior recibimos tamén no recuncho de Tambo, unha marabillosa sesión de Raquel Queizás, titulada "Un caso azul" que trata sobre a diabete.
Pasámolo realmente xenial...

jueves, 19 de octubre de 2017

XA TEMOS LOGO PARA A RADIO TELEVISÓN!!!

Ao comezo deste curso publicamos un concurso de logos para a Radio-Televisión que estamos a crear no cole.
As súas bases eran as seguintes:


A participación foi realmente espectacular, tal e como podedes apreciar na fotografía...


Na primeira criba que fixo o Equipo de Biblioteca quedaron finalistas catro traballos e déronse catro mencións especiais.


No día de onte procedemos a votar o logo que máis nos gustou e unha vez realizado o escrutinio... xa temos un gañador!!!
Emitíronse 270 votos e un deles foi en branco.


-1º PREMIO: Sabela Márquez de 5ºB de Primaria con 158 votos.

-2º PREMIO: Emma González de 2ºB con 55 votos.

-3º PREMIO: Izan García de 3ºA con 34 votos.

-4º PREMIO: Aldhara Gallego de 6º de Infantil con 22 votos.

-MENCIÓNS ESPECIAIS: María Moldes de 3ºB, Álex e Leyre Parada de 5º e 6º de Infantil, Anxo Crespo de 1ºA e Alexia Fernández de 6ºA de Primaria.

Aquí tedes o logo gañador:


-O logo gañador será o que empreguemos na Radio-Televisión e a súa autora terá un premio consistente nun lote de libros e unha axenda.
-Os autores do 2º, 3º e 4º premio recibirán un libro e unha axenda.
-Os creadores dos logos que recibiron mención especial recibirán unha axenda.

A entrega de premios será o vindeiro martes 24 de outubro no recuncho de Tambo ao rematar unha sesión de animacion á lectura moi especial que temos preparada, xa que esa data, coincide co "Día da Biblioteca".

martes, 17 de octubre de 2017

IDEAS PARA A NOSA RADIO ESCOLAR

Continuamos coas actividades relacionadas co PDI "A maxia de comunicar" e esta mañá, unha representación de alumnos/as do cole, acudiu a un diario dixital de Pontevedra que tamén ten unha canle de radio.


Trouxeron un feixe de ideas para a creación da nosa radio escolar grazas ás explicacións que lles deron os traballadores.
Fixéronlles unha entrevista sobre o "Casares-Tón" e recibiron un fermoso agasallo.
Grazas pola invitación Pontevedra Viva!!!




Premendo neste link podedes escoitar o podcast do programa de radio "Conversas na Ferrería" no que fomos entrevistados:

lunes, 16 de octubre de 2017

"CASARES-TÓN" NO MUSEO MANUEL TORRES

O Ateneo Santa Cecilia de Marín convidounos a un acto o venres 20 de outubro de 2017 no Museo Manuel Torres.


Houbo unha charla de Henrique Monteagudo, membro da Real Academia Galega, que falou sobre Carlos Casares: "Carlos Casares, un contador de historias".
De seguido, algúns representantes do alumnado, presentaron a nosa actividade "Casares-Tón" e proxectouse o videoclip mentres cantabamos.


Queremos dar as grazas pola invitación dende o recuncho de Tambo!!!

viernes, 13 de octubre de 2017

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

O Equipo de Dinamización do Galego do colexio, en colaboración co recuncho de Tambo e o Obradoiro de Audiovisuais, convocou un concurso de contos de medo moi interesante.
Tivemos que inventar un conto de medo en galego que incluíra algún medio de comunicación na súa trama e entregalo antes do 24 de outubro.
O gañador desvelouse o 31 de outubro, día do Samaín, e o seu contiño terá unha adaptación audiovisual ao longo do segundo trimestre do curso (videoclip).
A agraciada é Martina María Carrillo Juncal de 1ºB á que lle mandamos mil parabéns!!!
Aquí o tedes:


Grazas a todos/as por participar!!!

miércoles, 11 de octubre de 2017

FINALISTAS NO OUFF ESCOLA DE OURENSE

O Festival Internacional de Cine de Ourense comunicounos que o noso centro foi finalista na súa sección Ouff Escola con un ou varios destes traballos: "Perreando", "O monstro de Cores", "O cole que queremos" e "Casares-Tón".


A gala de entrega de premios foi o martes 24 de outubro ás 11 da mañá no Auditorio Municipal de Ourense e non acadamos ningún dos tres premios para Infantil e Primaria pero estamos ben orgullosos de ter sido finalistas.
Representounos a aula de 4ºA de Primaria que aproveitou e dou unha voltiña polas Burgas.
Mirade que ben o pasaron!!!


Premede nesta ligazón se queredes ver os gañadores, os membros do xurado e algunhas fotos:



E aquí tedes os traballos finalistas:

                                  



sábado, 7 de octubre de 2017

O CARBALLAL EN RADIO3

Onte fixemos unha actividade relacionada co PDI "A maxia de comunicar" proposto pola biblioteca.
Acudimos a Santiago convidados por Olloboi, CurtoCircuíto e Radio3 ("El séptimo vicio") e desfrutamos dun acto moi completo en torno ao mundo do audiovisual escolar que incluía un programa de radio en falso directo.
Queremos dar as grazas á organización por contar unha vez máis con nós.
A emisión será o vindeiro martes día 10 de outubro ás 20:00 horas.
Pasámolo realmente xenial!!!


Botade unha ollada ao muro de Facebook de Javier Tolentino e poderedes mirar o vídeo  que pendurou e as fermosas palabras adicadas ao audiovisual escolar galego e a vós:


Desde el Centro Gallego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela

Ana Moreiras es una de las profes del colectivo Olloboi. Un proyecto activista, dinámico y que tiene como objetivo construir la cantera infantil de la cinefilia, transmitiendo el amor por el cine desde la edad en la que uno está empapándose de todo. Supongo que a los organismos oficiales de Galicia estas iniciativas importan muy poquito pero para la sociedad puede ser decisivo. Os dejo un video en el que estos niños colaboraron con El séptimo vicio de Radio 3, ofreciendo a capella su himno, su banda sonora, en lengua gallega hablan de su pasión y de que son niños y no estúpidos. Cuando acabaron preguntaron de todo:
- ¿Te gusta más el cine o la radio?
- ¿Cuál es la mejor película de todos los tiempos?
- El cine más caro, ¿es el mejor?
- En Radio 3, ¿te dejan decir lo que piensas?
- Mi padre dice que Radio 3 es la mejor de todas las radios, yo le creo, pero ¿por qué dice eso?
- Crítico de cine yo no quiero ser, pero director de cine, sí.
Adoro Galicia, sabía porqué, pero este grupo de niños me aportaron la belleza de los mundos perdidos.
En este colectivo de apoyar y ayudar a la cinefilia infantil están además de Ana Moreiras, el actor Miguel de Lira, los directores Alfonso Zarauza, Jaione Camborda, Jorge Coira, Sandra Sánchez, Enrique Otero y Sandra Montes; los dires de foto Alberte Branco y Lucía Catoira (oíreis hablar de ella por Dhogs); el dire de sonido David Machado (se llevó el Goya junto a Coira, por El Desconocido); los guionistas Andrés Mahía, Pato y Araceli Gonda... a todos ellos, muchas gracias, y a los niños, mi más profundo agradecimiento por esta canción que hoy cerrará El séptimo vicio.

miércoles, 4 de octubre de 2017

RECIBIMOS UN PREMIO DA R.A.G.

Hai unhas semanas recibimos boas novas dende a Real Academia Galega.
O seu director, Víctor Freixanes, indicounos que fomos un dos cinco premiados no certame "Contádenos o voso Día das Letras" polo noso traballo "Casares-Tón" que teñen publicado na súa páxina web relacionada coa figura de Carlos Casares (Primavera das Letras).
Invitounos a un acto que tivo lugar o martes 24 de outubro nas súas instalacións e no que acudimos cunha representación da comunidade educativa que participou no videoclip.



Mirade que fermosas verbas nos adicou...


A gala foi moi emotiva como podedes ver no seguinte vídeo... 
Parabéns a todo o Carballal e mil grazas á Real Academia Galega!!!



Ligazón para ver máis fotos e novas: 

http://primaveradasletras.gal/

Prensa: 

http://pontevedraviva.com/xeral/40162/real-academia-galega-premia-colexio-carballal-carlos-casares-reggaeton/?lang=gl

APERTURA POSTAL

O carteiro visitou esta mañá todas as aulas do Carballal para traer correspondencia de Tambo a todo o alumnado.



Nela indicounos cal será o PDI que se propón para este curso: "A maxia de comunicar".
Invitounos a escribirlle unha carta contando o que fixemos durante o verán.
No interior do sobre viña tamén un intrigante xeroglífico sobre un dos primeiros medios de comunicación: a escritura.



Durante o recreo procedeuse á apertura da biblio para este curso 2017-2018 e puidemos ver moitos libros novos nos andeis.


Mirade o que ocorreu na aula de 5ºA...

martes, 3 de octubre de 2017

GALA EMOVE FESTIVAL

O alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo esta fin de semana en Madrid recollendo, en nome de todo o Carballal, os dous premios nacionais que acadamos cos videoclips "Casares-Tón" e "O cole que queremos", producidos no Obradoiro de Audiovisuais.
Trouxeron uns diplomas para o cole e dous trofeos como recoñecemento, pero sobre todo, trouxeron unha experiencia inolvidábel.



Queremos darlle as grazas a todos os implicados en facer este soño posíbel: patrocinadores (Froiz, TecnoPesca, Ediserpo, Gadis, A illa dos Nenos e Setga), Concello de Marín, Xunta de Galicia, ANPA "Viñas Blancas", profesorado, alumnado, pais/nais e Equipo Directivo.
Non podía faltar unha mención moi especial ao alumnado de 6º de Primaria do curso pasado, que xa non está no colexio, pero que participou activamente nun dos videoclips premiados.
Mirade que ben o pasaron!!!


Prensa: