jueves, 21 de diciembre de 2017

BO NADAL 2017 E PRÓSPERO ANO 2018!!!

Despois dun longo e intenso trimestre, queremos desexarvos, dende o recuncho de Tambo, un bo Nadal e un próspero ano 2018.
Descansade moito, desfrutade da familia, xogade a escachar e sobre todo, procurade ler un chisco e recargar as pilas para chegar con moitas forzas a xaneiro e á recta final do curso.
Deixamos unha mensaxe dos axudantes de Biblioteca e algúns momentos da celebración do Nadal no Carballal: visita dos Reis Magos, concerto de panxoliñas, festas, etc.
Coma sempre queremos agradecer á ANPA "Viñas Blancas" a súa incrible colaboración.
Unha aperta!!!


E mirade que versión máis chula dun tema mítico do pop español acompañada polos nenos do Colexio Tajamar de Madrid.
Con el deséxannos Bo Nadal e celebran os 40 anos da creación do grupo "Los Secretos"...

martes, 19 de diciembre de 2017

"MARÍA E BRAIS"

O pasado 25 de novembro de 2017, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, recordamos no recuncho de Tambo un traballiño audiovisual que fixeron algúns alumnos/as que xa non están no cole na materia de Valores Sociais e Cívicos.
Agardamos que vos guste!!!

FICBUEU NA SATURNALIA

Hoxe chegou unha invitación do FicBueu para todo o alumnado do Carballal e as súas familias co gaio da celebración do día máis curto do ano.
Este ano será o vindeiro xoves 21 de decembro e xa van pola cuarta edición.
A organización, xunto co Concello de Bueu e outras entidades, ten preparadas unha serie de proxeccións de curtas para celebrar esta data.
A sesión infantil será ás 17:30 no Centro Social do Mar.
Non faltedes!!!
Aquí deixamos o cartaz:

lunes, 18 de diciembre de 2017

"VIAL-ROCK" (VIDEOCLIP)

O alumnado de 6º de Primaria da materia de Valores Sociais e Cívicos, seguindo a andaina dos últimos cursos, argallou un traballo audiovisual de un minuto de duración adicado á Educación Vial.
A actividade realízase co gaio dos Premios Nacionais RACE.
Trátase dun videoclip a ritmo de Rock que agardamos sexa do voso agrado!!!


E aquí deixamos os traballos de anos anteriores:


GUÍAS DE LECTURA

Chegaron xa ao recuncho de Tambo as recomendacións lectoras que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo nos achegan cada ano.
Hai unha guía para Educación Infantil, outra para Educación Primaria e tamén unhas suxerencias para as familias.
Agardamos que vos orienten de cara aos agasallos do Nadal!!!
Aquí as tedes:




jueves, 14 de diciembre de 2017

"RUXERRUXE NAS ONDAS" (VIDEOCLIP)

O alumnado de 4º de Primaria, dende o Obradoiro de Audiovisuais, preséntanos o seu primeiro traballo deste curso.
Como sabedes, trátase do videoclip que contén a sintonía da Radio-Tv Escolar que estamos a crear no cole: o "Canal Tambo" e o programa "Ruxerruxe nas ondas".
A letra, a melodía, a rodaxe e as escenas foron argalladas polo alumnado durante o primeiro trimestre deste curso.
Os agraciados no casting, cuxas voces aparecen nalgunha parte da canción, foron: Alexia, Yones, Fadwa, Alejandro e Xiana.
Para a coreografía contamos coa colaboración da profe Paloma.
Agardamos que vos guste!!!