viernes, 21 de diciembre de 2018

NADAL 2018

Hoxe realizamos un feixe de actividades no cole para festexar o Nadal: argallamos un Belén marinense relacionado co PDI "Marín, de todo un chisquín", escoitamos o concerto de panxoliñas (interpretado tamén na E.E.I. "Nosa Señora do Carmen" o pasado mércores), recibimos a visita dos Reis Magos, emitimos mensaxes de paz, recibimos agasallos e calendarios personalizados, desfrutamos das festas con merendola nas aulas e tivemos unha ambientación de luxo.











A última hora, viñeron exalumn@s que agora están no I.E.S. "Mestre Landín" e botamos algunha bágoa... mirade que vídeo de Nadal máis fermoso fixeron!!!



Despedimos tamén á super-profe Ana Piñeiro que , despois de 4 meses no cole, marcha para outro... ímola botar en falta pero tamén recibiremos o profe Tino con moita ledicia en xaneiro.



Agardamos que pasedes unhas boas festas e que carguedes a pila para comezar con folgos o segundo trimestre.
Queremos dar as grazas á ANPA "Viñas Blancas" pola súa imprescindíbel colaboración.
E xa sabedes: caede máis pola biblio e falade galego arreo no vindeiro 2019.
Apertazas!!!


Por se queredes lembrar, aquí tedes algúns vídeos de actividades navideñas doutros anos...






jueves, 20 de diciembre de 2018

VIDEOTITORIAIS TECNOLÓXICOS EN GALEGO

O alumnado de 6º de Primaria, está a producir unha serie de videotitoriais en galego, para ensinar a empregar a tecnoloxía do noso cole, tanto ao profesorado, como ao alumnado.
Preto dos aparellos electrónicos do centro, atoparedes un código QR que vos enlazará co videotitorial en concreto, se apuntades cara el coa aplicación do teléfono ou da tablet.



O primeiro titorial, axúdanos a facer empréstito e devolución de libros co programa Meiga.
O código atoparédelo pegado no mostrador de empréstito do recuncho de Tambo, moi pronto.
É útil para todos e todas as que queirades ser axudantes de biblio en próximos cursos.
A iniciativa parte do Equipo TICS, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo de Biblioteca.
Agardamos facer un por trimestre.
Aquí o tedes tambeir@s!!!

martes, 18 de diciembre de 2018

VISITA DA ONCE

Durante a mañá do luns 17 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, tivo unha charla con Miriam, membro da ONCE.


Expliounos como é un día na vida dun cego ou dunha cega: como escribe, como diferencia as cores, a que xoga, como fai a compra, etc.
Pero sobre todo, explicounos como debemos axudar a esas persoas con discapacidade, por exemplo, a sucar a estrada.
Se queredes máis información podedes premer na seguinte ligazón:

https://educacion.once.es/

lunes, 17 de diciembre de 2018

FAINO EN GALEGO

O alumnado de Valores de 6º de Primaria, vén de publicar unha curtametraxe argallada por eles mesmos, na que pretenden animar a falar galego e na que tamén queren facer unha reivindicación á Real Academia Galega, para que inclúa algunhas palabras moi empregadas en Galicia, no seu dicionario.
Atópase pendurada no Portal da Lingua Galega.



Na interpretación conta coa colaboración do profe Yeray e da profe Paloma.
Debido a razóns persoais, Raúl non puido estar na rodaxe, e o seu papel fíxoo o profe Víctor.
Toda a música, como poderedes comprobar, é do noso colexio.
A actividade está impulsada polo Equipo de Dinamizacion da Lingua Galega e polo recuncho de Tambo.
Agardamos que vos guste e xa sabedes... facédeo en galego!!!

sábado, 15 de diciembre de 2018

TREN DE NADAL-MERCADILLO-CURTAMETRAXE

O mércores 12 e o venres 14 de decembro, todo o alumnado do colexio, foi por quendas no Tren de Nadal do Concello de Marín.


Fixeron un percorrido ben interesante e variado que chegou ata a praia de Aguete.
Iso si, algo de friaxe pasamos...


E na tardiña do venres 14 de decembro, o alumnado de 6º de Primaria vendeu multitude de manualidades e obxectos de segunda man no mercadillo que as ANPAS e o Concello de Marín instalaron na carpa da Alameda.
O obxectivo foi recaudar fondos para a excursión de final de curso.
Aproveitamos, como podedes ver, para promocionar o fantástico traballo de investigación que estamos a facer este ano: "Marín, de todo un chisquín".


Para finalizar, queremos informarvos que os nenos e nenas de 6º de Primaria que cursan a materia de Valores, están rematando unha curtametraxe para animar a falar en galego que moi prontiño publicarán na nosa canle de YouTube: "O recuncho de Tambo".
O título vai ser: "Faino en galego".

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL

Dende o luns 10 de decembro, ata o xoves 13, o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria, coa axuda dos nenos e nenas de 6º, acudiron á piscina municipal coa mestra de Educación Física para desenrolar esta materia nun ambiente diferente e aprender algo de salvamento acuático.
Pasáronno realmente ben, tal e como pode observarse nesta instantánea!


E durante a mañá do venres 14 de decembro, 25 rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria, acudiron á Competición Intercentros de Remo-Ergómetro no Pavillón da Raña, en Marín.
Aquí tedes a Xián dándolle moita caña!


Deixamos este fermoso traballo titulado "O Apalpador", para ir centrándonos nas vacacións de Nadal, cuxa canción é de Roberto Grandal e a animación de Leandro Lamas... apertas!!!

lunes, 10 de diciembre de 2018

"REGUEIFANDO EN MARÍN"

O alumnado de 4º de Primaria vén de rematar un videoclip argallado como actividade para o PDI  de este curso: "Marín, de todo un chisquín".
Atópase pendurado no Portal da Lingua Galega.



A modo de regueifa, e con moita retranca, queren mostrar que están moi orgullosos do seu acento cantarín, pese ás burlas que, ás veces, reciben e que son tomadas en broma.
Existe un traballo previo de investigación de frases e palabras típicas de Marín e sobre o xénero musical das regueifas.
Ademais, a rapazada fixo unha homenaxe ao persoeiro marinense: John Balan.
Aquí tedes ao "home orquestra" nunha das súas peculiares actuacións:





Queremos dar as grazas ás familias pola colaboración co vestiario, ás titoras pola axuda na rodaxe e á profe Charo polo fantástico cartel que nos fixo.
O título é "Regueifando en Marín" e agardamos que vos guste... viva a nosa vila!!!


Aquí tedes as noticias que penduraron os xornais: "La Voz de Galicia", "PontevedraViva" e "Diario de Pontevedra":





miércoles, 5 de diciembre de 2018

GAÑADOR DO CONCURSO DE CONTOS SOBRE MARÍN

Como sabedes, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, publicou as bases dun concurso de contos sobre a nosa vila.
Unha vez rematado o prazo de presentación de traballos o pasado 30 de novembro, e despois de deliberar moito, o xurado dictaminou o seguinte gañador:


O seu autor é Pedro García Argibay, de 6º de Primaria.
Trátase dun soño no que, a modo de retranca e usando un vello conto, pretende expresar que os habitantes de Marín non sabemos diferenciar as cousas!!!
Durante o segundo trimestre, o alumnado de 4º de Primaria, no obradoiro de audiovisuais, transformará este relato en videoclip, xa que ese é o premio.
Aquí podedes ver o gañador do ano pasado:


Parabéns a todos e todas as participantes, en especial a Pedro, por ser o agraciado!!!

A GALIÑA AZUL COA COMPAÑÍA TEATRAL TANXARINA

O alumnado de 1º e 2º de Primaria acudiu a Pontevedra este mércores, 5 de decembro, para desfrutar coa obra de Carlos Casares "A galiña azul" interpretada polo fantástico grupo teatral "Tanxariña".



Se queredes ver máis información sobre outras actuacións podedes premer na seguinte ligazón.


martes, 4 de diciembre de 2018

OFIRAEE COS BOLECHAS

O pasado luns, 3 de decembro, o alumnado de 5º de Primaria desfrutou dunha actividade no recuncho de Tambo sobre reciclaxe de material tecnolóxico que inclúe as pilas e as baterías.


O programa titúlase "Os Electrecos" e os seus protagonistas son Os Bolechas.



Cantaron un rap ben divertido e pasáronno xenial!!!
E lembrade que nunca te acostarás sen aprender algo novo:
-RAEE: residuos de aparatos eléctricos e electrónicos...


Máis información:

lunes, 3 de diciembre de 2018

GALA OUFF ESCOLA 2018

Esta mañá, o alumnado de 6º de Primaria, estivo na gala de entrega de premios do Ouff Escola de Ourense, na que o noso colexio, tivo catro proxectos audiovisuais finalistas.
Queremos dar os parabéns a todos os gañadores e gañadoras (xa que nós non tivemos sorte) pero sobre todo, o colexio de Placeres, por ese primeiro premio con: "Mareas Vivas de Lourizán".


Aquí deixamos unha foto ben xeitosa do noso paso polo Ouff de este ano e o diploma de finalistas.


miércoles, 28 de noviembre de 2018

GAÑAMOS O 2º PREMIO DO VIII CERTAME DE CURTAS DA AS-PG

O pasado martes, 27 de novembro, varios representantes do Carballal acudiron á Gala de Entrega de Premios do VIII Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que se celebrou no Centro Galego das Artes da Imaxe de A Coruña.
Viñemos moi ledos porque "Fals'e traedor", curta-videoclip argallada polo alumnado que agora cursa 6º de Primaria, gañou o 2º Premio da categoría de Centros de Ensino.
A contía é de 500 euros, cos que agardamos mellorar o material adicado a actividades audiovisuais.
Moitísimos parabéns!!!
Aquí tedes un pequeno resumo da gala...

martes, 20 de noviembre de 2018

GUÍAS DE LECTURA 2018/2019

A Coordinadora de EDLG do Morrazo enviounos estas fantásticas guías de lectura para Infantil e Primaria que agardamos vos sexan de moita utilidade.
Grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, témolas impresas e repartidas entre o alumnado.




Levan unha fermosa mensaxe do ilustrador Marc Taeger e un lema do poeta marinense de adopción: Eduardo Víctor Castro López.
Aí as tedes!




lunes, 19 de noviembre de 2018

VISITAMOS O CASTRO DA SUBIDÁ

O alumnado de 4º de Primaria realizou outra actividade para o PDI: "Marín: de todo un chisquín".
Na mañá do luns, 19 de novembro, foron a pé cara o Castro da Subidá e contaron cunha explicación de excepción grazas a Cristina, nai de Lola.
Aprendemos moitísimas cousas e pasámolo realmente ben!!!
Dende alí, realizamos un programa de radio que aquí vos deixamos:


Versión podcast: 


viernes, 16 de noviembre de 2018

FINALISTAS NO VIII CERTAME DE CURTAS DA AS-PG E NO OUFF ESCOLA

Esta semana recibimos dúas noticias estupendas!!!

O traballo "Fals'e traedor", realizado polo alumnado que agora cursa 6º de Primaria, é un dos tres finalistas do VIII Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
De eses tres finalistas sairán dous premiados: 1º premio (1000 euros) e 2º premio (500 euros).



A gala será o vindeiro martes, 27 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña.
O alumnado implicado pode asistir ao evento coas súas familias aínda que irán dous representantes do profesorado.



Moita sorte!!!


Os outros dous finalistas son estes:



Por outra banda, somos finalistas no Ouff Escola de Ourense, a onde enviamos catro traballos: "Xa non teño medo", "A Bruxa das Antenas", "Ruxerruxe nas Ondas" e "Fals'e traedor".
A gala de entrega de premios será o vindeiro luns, 3 de decembro, ás 11:00 horas, no Auditorio Municipal de Ourense.
O 1º premio é de 600 euros, o 2º premio é de 400 euros e hai un premio especial de 300 euros.



O alumnado de 6º de Primaria irá como representante do centro.
Moitísima sorte tamén a todos e todas!!!



CUCAÑAS-CROSS ESCOLAR-VIDEOCLIP

O pasado venres, día 16 de novembro, o alumnado de 6º de Primaria, foi convidado polo IES Mestre Landín para participar nas "Cucañas 2018".
Trátase dun circuito conformado por 21 probas deportivas, artísticas, de pericia, sabedoría... que este ano estivo adicado ao mundo dos inventos.
Os equipos gañadores tiveron premios e a rapazada pasouno de medo!!!


O mércores, día 14 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria acudiu a unha xornada de cross escolar organizada pola Delegación Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Marín.
Como podedes ver na foto, algúns nenos e nenas do cole quedaron clasificados nos primeiros postos!


Prensa: 

Para rematar, queremos informarvos que xa estamos ultimando o primeiro videoclip de este curso e que está relacionado con Marín.



O único que podemos adiantarvos é o seu título: "Regueifando en Marín".