sábado, 28 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO 2018

O pasado luns 23 de abril foi o "Día do Libro" e no C.E.I.P. Do Carballal de Marín quixemos festexalo a rabear cunha semana ateigada de actividades para todo o alumnado, como non, a carón dos libros.
Comezamos cunha representación teatral de "Leonardo e os fontaneiros" (María Victoria Moreno) á que acudiron outros centros do concello e que organizou o ENDL coa colaboración da Editorial Galaxia.
Para ese mesmo día e para o resto da semana, o recuncho de Tambo, tíñanos moitas sorpresas argalladas...
O alumnado de 5º de Primaria deleitounos cuns monólogos ben diverdos.
Tivemos dúas sesións de lectura ao aire libre (Hoxe no patio libro) e outras dúas de apadriñamentos lectores (Padriños lectores).
E puidemos desfrutar do espectáculo do Mago Paco co que rimos a escachar!!!
Podedes mirar aquí un resumo en vídeo do programa .
Feliz Día do Libro a tod@s!!!


E aquí un vídeo máis extenso da actuación do Mago Paco gravada polo mestre David na sesión que adicou a Educación Infantil!!!

miércoles, 18 de abril de 2018

XA NON TEÑO MEDO

A falta dun mes para o Día das Letras Galegas, aquí tedes rematada unha das nosas actividades comúns argalladas para conmemorar esta data tan sinalada.
Aínda que tivemos que loitar contra a meteoroloxía e contra unha epidemia de varicela, conseguimos producir un videoclip con música propia no que aparece o 99% do alumnado e moita representación da comunidade educativa do noso cole (342 persoas).
Aprendemos o retrouso da canción en lingua de signos e tamén unha sinxela coreografía elaborada pola profe Paloma.
A letra, como non, é de María Victoria Moreno e a música do mestre de Música.
Queremos agradecer a colaboración de https://www.entresignos.com/ e da https://www.facebook.com/apacarballal.carballal.
A desfrutar tod@s con "Xa non teño medo"...


Deixamos tamén os videoclips que fixemos nos dous cursos pasados, cuxos textos corresponden a Manuel María e Carlos Casares...



Logo de detectar un pequeniño fallo de sincronización de audio e vídeo, deixamos aquí unha versión máis perfeccionada... xa para frikis!!!

martes, 3 de abril de 2018

PIPI MEDIASLONGAS

O venres, día 6 de abril, de 12:00 a 12:50 horas, tivemos unha nova xuntanza do Club de Lectura no recuncho de Tambo.


Nesta ocasión, debatimos en torno ao famoso libro que a Editorial Kalandraka vén de traducir ao galego: "Pipi Mediaslongas".
Na seguinte ligazón podedes ler o primeiro capítulo:

https://issuu.com/kalandraka.com/docs/pipi-mediaslongas-g


Tamén podedes visualizar a adaptación televisiva que marcou a moitas xeracións de rapaces e rapazas... por algo será, non?



A vindeira reunión será o venres 4 de maio e o protagonista será este fermoso libro...