martes, 30 de octubre de 2018

SAMAÍN REVOLUCIONARIO 2018

Hoxe festexamos no cole un Samaín Revolucionario que tardaremos en esquecer...
Houbo cabazas premiadas, unha ambientación terrorífica de impresión, madriñas e padriños lectores de 6º de Primaria con contos de medo, disfraces diabólicos, merendola de meigallo, obradoiros variados, baile moderno con "Thriller" e pedida de larpeiradas polas casas da contorna...


Vaia... colábasenos o tan agardado "Túnel do Terror" que organiza a ANPA "Viñas Blancas" e que este ano tivo nada máis e nada menos que a presenza da TVG para gravalo e retransmitilo.



Este curso, estivo relacionado co conto: "Carapuchiña Vermella".
Aqui o tedes!!! Que medoooooo...


Deixamos tamén o túnel doutros anos!!!



Queremos dar as grazas á resposta das familias de cara a todas as loucuras que vos propoñemos...
Feliz Samaín a tod@s con este fermoso videoclip!!!

viernes, 26 de octubre de 2018

OBRADOIRO DE ESCRITURA DE CONTOS CON EVA GUTIÉRREZ

Esta mañá, o alumnado de 6º de Primaria, tivo a sorte de presenciar unha clase maxistral de escritura de contos da man dunha compoñente da nosa comunidade educativa.


Si, si... a nosa coidadora Eva é unha gran escritora de relatos que deixounos pampos con marabillas coma esta:


A actividade programouse para axudar á rapazada na tarefa de deseñar contos sobre Marín para o concurso que remata o vindeiro 30 de novembro e ao que vos animamos a participar.


A sesión foi moi completa e estivo moi ben estruturada... aprendemos moitísimo e de seguro que nos serve para facer un conto impresionante sobre a nosa vila.
Os aspectos que tratou foron os seguintes:




E na última sesión do día, a mestra Olalla, volveu facer un obradoiro de contacontos, esta vez, para o alumnado de 1º de Primaria.


Pensamos que queda claro que temos grandes talentos no colexio e que este ano estamos a aprender un montonazo de cousas relacionadas coa literatura!!!

PROGRAMA "AULA DE NOVOS CINEMAS"

Hoxe, o alumnado de 5º de Primaria, desfrutou dunha excelente actividade relacionada co audiovisual e o cine.


Foi ofertada pola Universidade de Vigo e o título do obradoiro foi: "Na clase".


Estivo anegada de actividades que axudan a pensar en imaxes, no mevemento entre varias de elas e que está relacionada cos xoguetes.
Asistiron varios docentes (unha delas irmá da profe Mili) e dúas alumnas gravaron a sesión en vídeo cun stedycam ben curioso con forma de volante.

XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO DO CARBALLAL

A semana pasada estivo marcada polas xornadas formativas que o equipo docente do Carballal recibiu en diferentes lugares e sobre diferentes temáticas.

O venres, día 19, un grupo de mestres acudiron durante toda a xornada á Coruña.
Pola mañá, asistiron a unha xornada de formación sobre audiovisual, e xa pola tarde, tiveron un encontro na Academia Galega do Audiovisual para tratar temas comúns con outros mestres/as galegos e que moi prontiño saberedes... porque hai algunha sorpresiña!!!


O sábado, día 20 de outubro, outro grupo de mestres acudiron a Santiago a unha xornada formativa "Piteas", na que aprenderon moito sobre esta metodoloxía de traballo a través de diferentes obradoiros activos, baseados na realidade dun centro escolar.


E outro grupo de mestres acudiu a Vigo para desfrutar do II Foro de Educación organizado por Faro de Vigo.
A invitación chegou porque o noso centro está inscrito no proxecto "Faro da Escola".
Aquí temos á profe Mili con Richard Gerver e coa profe Jeni... á que botamos moito de menos!!!

jueves, 25 de octubre de 2018

CABAZAS REVOLUCIONARIAS

O vindeiro martes, día 30 de outubro, celebraremos o Samaín no colexio pola mañá, e pola tardiña, será a festa organizada pola ANPA "Viñas Blancas".
Xa estamos impacientes agardando o "túnel do terror"...



Durante esa semana, o alumnado de 6º de Primaria exercerá de "padriños e madriñas lectores", contando contos de medo aos máis pequechos.
Por outra banda, recordámosvos que tedes un baúl no recuncho de Tambo anegado de libros que meten medo!!!
E tamén podedes visualizar o conto que gañou o ano pasado no concurso...


A temática de este ano para decorar as cabazas, está relacionada coa do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: "As revolucións".
Podedes ambientalas pensando en personaxes que revolucionaron o mundo como: escritores, pintores, políticos, músicos, etc.
Seguro que imaxinando un pouco sae algo ben chulo... como pasou outros anos!!!
Aquí tedes as que fixestes no curso pasado!!!


Agardámosvos tambeir@s!!!

PEQUENOS FENÓMENOS

Queredes participar no programa musical da TVG "Pequenos Fenómenos"?


Gravádevos en vídeo interpretando vocalmente un fragmento musical (acompañado de música ou non) e enviádeo por WhatsApp ao número de teléfono 648197440 indicando o voso nome e o colexio.
Tedes que facelo antes do vindeiro día 10 de novembro!!!

Se queredes ver algúns exemplos de casting que fixemos outros anos no colexio, podedes visualizar estes vídeos:



Algúns exalumnos/as conseguiron participar noutras edicións do concurso e algún deles incluso chegou á fase final.
Moita sorte a to@as!!!

miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA: XA TEMOS MOCHILAS VIAXEIRAS E TÍTULO PARA O PDI

Hoxe, 24 de outubro, celebramos no cole o Día da Biblioteca!!!


Para festexalo, deseñamos dúas actividades:

1-Como sabedes, este curso faremos un traballo de investigación (PDI) sobre a nosa vila: Marín.
Todos os nenos e nenas do cole buscaremos información sobre: paraxes naturais, personaxes, institucións, plazas, etc.
Tivemos numerosas propostas para poñerlle un título a este proxecto, que penduramos na corticeira dun andar, a modo de exposición, durante uns días!


Aínda que houbo moitas achegas interesantes, tivemos que elixir unha... e quedámonos coa de Leire Pérez Portela de 4ºA: 
"Marín: de todo un chisquín".
Pois xa temos título para o noso PDI!!!


2-Como era unha data tan especial, tamén botamos a andar as "mochilas viaxeiras" que repartiron os alumn@s de 6º polas diferentes aulas de Infantil e Primaria durante a hora de ler.


Estas mochilas conteñen tres ou catro libros variados e un caderno.


Dentro do caderno atoparedes unha cartiña de Tambo coas instruccións, así como unha relación dos libros que contén.
Non vos esquezades de escribir, debuxar ou pegar algo nel... e desfrutade moito deses libros na casiña!!!



Feliz Día da Biblioteca a tod@s!!!

lunes, 15 de octubre de 2018

CONCURSO DE CONTOS DE MARÍN

Queres que un conto teu se convirta en videoclip?
Pois é ben sinxelo: consulta as bases que aparecen no seguinte cartaz e bota a rodar o teu maxín!!!

CLASE MAXISTRAL DE CONTACONTOS CON OLALLA GONZÁLEZ

O pasado mércores 10 de outubro, a mestra titora de 1º de Primaria, Olalla González, impartiu unha clase maxistral de contacontos ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.


Olalla, ademais de mestra, é unha formidable contacontos e escritora infantil así que... tiñamos que aproveitar a ocasión de tela connosco este curso.


Moi pronto, estes rapaces e rapazas, contarán contos á rapazada de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria como madriñas e padriños lectores... e de seguro que empregarán os truquiños que aprenderon de Olalla!!!


Pasámolo de marabilla!!!

BRAULIOTUBER E PETRÓGLIFOS DE MOGOR

O alumnado de 4º de Primaria púxose mans á obra co PDI deste curso, que como xa sabedes, trata sobre a nosa vila: Marín.
Como actividade introductoria sobre A Prehistoria, gravaron un programa de televisión con BraulioTuber (Os Bolechas) o pasado luns 1 de outubro, que moi prontiño, estará nas pantallas da TVG.


Na noitiña do venres 5 de outubro, foron camiñando dende o centro da vila até os Petróglifos de Mogor para aprender, da man de Alberto, moitas cousas de este elemento artístico famoso no mundo enteiro.
Dende alí, gravaron un podcast de radio para Canal Tambo que agardamos sexa do voso agrado!!!


Versión podcast:

ECOPERCUSIÓN CON ÓSCAR

O pasado mércores 26 de setembro, tivemos no cole unha fantástica actividade musical para o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Óscar invitounos a desfrutar da percusión con material de refugallo que vimos facendo nos tres últimos anos.
Traballamos a pulsación, un pouco de técnica, a imitación de patróns e incluso nos fixo unha demostración coa batería interpretando diferentes estilos musicais.
Esta actividade está ofertada como extraescolar pola ANPA "Viñas Blancas" para este curso... por se queredes anotarvos!!!

APERTURA DA BIBLIOTECA E ANUNCIO DO PDI 2018/2019

O pasado xoves, 4 de outubro, abriu o recuncho de Tambo para todo o alumnado do Carballal.
Ese mesmo día repartimos os carnets dos novos usuarios e comezaron a funcionar os grupos de axudantes de 6º de Primaria.


Durante a xornada anterior, un grupo de rapaces e rapazas anunciaron a apertura dunha forma especial, deixando pistas por todas as aulas do tema do PDI que imos desenvolver no presente curso escolar... como xa sabedes, trátase da nosa vila: Marín.
Grazas aos puzles que nos deixaron e á carta de Tambo conseguimos averigualo!
E outra cousiña... xa podedes buscarlle un nome molón ao noso traballo de investigación!!!