miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

Esta mañá fixemos un acto común no colexio co gallo do "Día Internacional pola Paz e a Non Violencia".

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2019/01/31/dia-paz-toma-aulas/2042981.html 

Estivo encabezado pola lectura dun manifesto, a cargo da presentadora: Antía García (5º de primaria).



Logo interpretamos en directo a canción "Imaxinar", argallada polo alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 6º de primaria para a ocasión.
Aquí tedes o videoclip:



A rapazada de 5º de primaria, situou nun mapa os países que aparecen na canción e que teñen conflitos bélicos, mentres outros nenos e nenas de 6º, mostraban carteis relacionados con eles.
Foi fermoso interpretar todos xuntos o retrouso... mirade!!!


A actividade estivo organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e polo Equipo de Biblioteca.

Deixámosvos tamén a canción que cantamos o pasado curso coa mensaxe que nos enviou a súa autora: "Quixera" (Guadi Galego)... e o vídeo "O gran arco da vella", por se queredes lembrar!!!



domingo, 27 de enero de 2019

SUMANDO ESPAZOS

O pasado sábado, 26 de xaneiro, desenvolveuse en Santiago de Compostela a Xornada de Formación para o Profesorado dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Galicia: "Sumando espazos, espallando lingua".


O Carballal foi convidado para amosar o proxecto audiovisual en galego "O recuncho de Tambo", levado a cabo coa colaboración da Biblioteca, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e o Equipo TIC's.


Acudiu como representante a mestra titora de 4º de primaria, Ana Pérez Tomé.
A conferencia, de corenta minutos, levou o seguinte título: "Construíndo a infancia dende un laboratorio audiovisual en galego".


Moitísimas grazas á organización por contar con nós e por considerar o noso proxecto como innovador.
Aquí tedes o resto do cartel, que foi ben interesante:


viernes, 18 de enero de 2019

QUERES CONTINUAR ESTUDOS NO IES MESTRE LANDÍN?

O pasado mércores, 16 de xaneiro, tivemos a visita de tres exalumnos/as que agora están no I.E.S. "Mestre Landín": Andrés, Paula e Elena.


Viñeron acompañados por Sandra (Orientadora de ese instituto) e déronnos información da adaptación que tiveron no novo centro: clases, profesores/as, instalacións, franxas horarias, autobús, actividades, etc.


A charla estivo dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e a rapazada preguntou moitas dúbidas que foron respostadas coa axuda do profe Yeray.


Na mañá do martes, 22 de xaneiro, foi o alumnado de 6º de Primaria do Carballal o que acudiu ao I.E.S. "Mestre Landín".


Se queredes máis datos sobre o noso centro adscrito, o vindeiro 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, podedes acudir coas vosas familias e coñecelo de primeira man.
Animádevos que está moi chulo!!!

jueves, 17 de enero de 2019

NOVOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Os axudantes e axudantas (6º de Primaria) do recuncho de Tambo, fixeron unha serie de sesións formativas os días 16, 17 e 18 de xaneiro.


Explicaron con moito tino, os labores que desempeñan ás novas e novos aspirantes: empréstito e devolución de libros, carnets, vixiancia, ubicación dos fondos bibliográficos, normas e comportamento, uso da audioteca e ordenadores, etc.


Toda a rapazada interesada foi de 5º de Primaria e, en breve, comezarán o seu labor.
De seguro que o farán estupendamente!!!


Os que queiran acudir a vindeiras edicións que vaian botando unha ollada a este videotitorial:

miércoles, 16 de enero de 2019

IMAXINAR

O alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 6º de Primaria, vén de publicar un videoclip en galego, que trata das guerras e conflitos que existen actualmente no mundo.
Aquí tedes a letra:



O vindeiro mércores, 30 de xaneiro, festexaremos o "Día da Paz" no cole e pretendemos interpretar esa canción en directo no patio exterior.
De forma simultánea, nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, irán situando os países que aparecen nela, nun mapa do mundo.
Tamén ensinarán uns cartaces ben bonitos que están a elaborar con agarimo.
Aprendede ben o retrouso porque cantarémolo todos xuntos/as coas mans unidas...
A ensaiar!!!


Tédelo tamén pendurado no Portal da Lingua Galega.

martes, 15 de enero de 2019

EXCURSIÓN A MANZANEDA-ROTEIRO CULTURAL-TEATRO EN INGLÉS

Un total de 31 nenos e nenas de 4º de Primaria foron de excursión a Cabeza de Manzaneda, entre os días 8 e 10 de xaneiro, acompañados polas profas Paloma e Ana Pérez.

 

A intención era xogar coa neve pero, non houbo sorte...

 

Aínda así, desfrutaron moitísimo coa convivencia e facendo unha chea de actividades: vivac, rutas de sendeirismo, parque multiaventura, tiro con arco, piscina, veladas, pelota canadiense e ata discoteca. 


Por outra banda, o alumnado de 2º de Primaria realizou un roteiro cultural por Marín na mañá do 14 de xaneiro.
O obxectivo era visitar 10 institucións da nosa vila para contestar logo a unha serie de preguntas.


As institucións foron as seguintes: Museo Manuel Torres, Concello, Xulgados, Policía Local, Policía Nacional, Escola Naval Militar, CIM, Estrela de Marín, Correos e Biblioteca.


Para rematar, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, visualizou unha obra teatral en inglés no Auditorio da Fundación Abanca (Pontevedra) na mañá do 15 de xaneiro.

 
A obra interpretada pola Compañía "Face to face" foi "Tarzán" e estivo marcada pola interactividade, facendo que algúns actores e actrices foran os propios alumnos e alumnas.

viernes, 11 de enero de 2019

COMEZOU O CLUB DE LECTURA 2019

Esta mañá, botou a andar o club de lectura 2019 no recuncho de Tambo, dirixido pola coordinadora de biblioteca. 
Nel participaron 11 alumnos/as de 6º de Primaria que cubriron a inscrición previa.


O primeiro libro que se tratou na xuntanza, de Jordi Sierra i Fabra, foi: "El asesinato de la profesora de lengua".
O debate abarcou o recreo e o plan lector.


Trátase dunha historia vertebrada por pistas, e por iso, fixemos unha actividade introdutoria moi divertida, na que tivemos que adiviñar o libro correcto situado nas cadeiras, tras recibir unhas frases por escrito...


Pasámolo moi ben intercambiando opinións e non nos dá chegado a seguinte cita do vindeiro 1 de febreiro, na que traballaremos co libro de Ledicia Costas: "Escarlatina, a cociñeira defunta".

jueves, 10 de enero de 2019

CARANVEXO TV

Esta mañá fixo eco nos xornais unha nova moi interesante!
O Concello de Moaña vén de estrear unha canle de televisión conformada exclusivamente por traballos audiovisuais de case todos os centros educativos desa vila: C.E.I.P. Tirán, Seara, Reibón, Quintela, Abelendo, I.E.S. As Barxas e E.E.I. de Verducedo.
Hai noticiarios e outras categorías: cultura, deportes, natureza e ciencia.
Oxalá outros concellos se sumen a esta fermosa iniciativa...
Aquí tedes a ligazón para que botedes unha ollada!!!


E deixamos tamén o noso primeiro programa de televisión... lembrades?