viernes, 31 de mayo de 2019

ENTREVISTA RADIOFÓNICA AO NOSO INSPECTOR

O pasado xoves, 30 de maio, o alumnado de 6º de primaria, aproveitou unha das visitas rutinarias do noso Inspector, Román Latas Calvo, para facerlle unha entrevista persoal no recuncho de Tambo para o programa "Ruxerruxe nas Ondas Radio" do Canal Tambo.
Moitísimas grazas polas respostas.
Aquí a tendes:


Versión podcast premendo na seguinte ligazón: 

VIDEOTITORIAL SOBRE GRAVACIÓN E EDICIÓN DE AUDIO

O alumnado de 4ºA de primaria e unha nena de 5º, veñen de publicar o segundo videotitorial tecnolóxico en galego que cobre unha grande demanda do Carballal: gravación e edicion de audio por parte da rapazada.
Con esta información valiosa, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria poderán editar podcast de radio co seu ordenador Abalar, empregando o programa de balde Audacity e a gravadora de audio Zoom H1n do Laboratorio de Audiovisuais.
Se queredes poñer música de fondo, somentes tedes que crear unha nova pista de audio e importar a canción que desexedes, sen esquecer que esta, non debe estar baixo dereitos de autor.
O resto podedes experimentar na Aula de Informática ou na casa.
Mirádeo cantas veces precisedes para elaborar as vosas creacións... e xa sabedes, se empregades auriculares, non molestaredes a ninguén!
Aquí o tedes:

viernes, 24 de mayo de 2019

GALA OPROCHEF

O pasado mércores, 15 de maio, celebrouse no colexio a Gala Final do concurso culinario Oprochef, convocado pola Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín (OPROMAR).


Un xurado determinou as receitas finalistas e a rapazada puido elaboralas na casa o día anterior. 
Mirade que pintaza máis deliciosa!!!


A actividade estivo relacionada cos beneficios que aporta comer peixe e todos os pratos, levaban este ingrediente, pescado por barcos de Marín.


Obtiveron premio todos os finalistas (cámara de fotos instantánea) e gañadores (cámara fotográfica instantánea+bonos para o Acuarium de A Coruña para 4 persoas).


Tamén se fixo unha rolda de preguntas con obsequios (pelota de praia+funda portaobxectos impermeable) para os acertantes das respostas.
Outra actividade fermosa para o PDI de este curso: "Marín, de todo un chisquín".
Aquí tendes aos finalistas e gañadores!!!


E aquí podedes visualizar un vídeo-resumo da xornada:


Para ter máis información, podedes premer na seguinte ligazón:

jueves, 23 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

O pasado xoves, 16 de maio, un día antes da data sinalada, festexamos no cole o Día das Letras Galegas.
Fixemos unha romaría popular con música, traxes e baile rexional.
Degustamos doces típicos, gozamos dos xogos tradicionais cedidos pola Asociación de Veciños de Pardavila e tamén alucinamos coas Cantareiras "Fentos e Frouma" de Marín.
O prato forte, consistiu na colocación dun mural-crebacabezas coa bandeira de Galicia, adicado a Antón Fraguas, homenaxeado neste 2019, que foi gravado a vista de paxaro.



O alumnado de 6º de primaria da materia de Valores Sociais e Cívicos, interpretou ao vivo, unha canción orixinal con verbas deste grande historiador, antropólogo, etnógrafo e escritor galego de pura cepa.
Moi pronto publicaremos un videoclip que tamén argallaron, titulado "Por amor á nosa terra" porque, o Día das Letras Galegas, non é somentes o 17 de maio, é todo o ano...
Foi unha xornada marabillosa que pode resumirse neste pequeno vídeo:


Tendes aquí unha ligazón anegada de actividades ben divertidas que podedes empregar para saber moitas cousas de Antón Fraguas:


E para lembrar un pouquiño, aquí deixamos pendurados os videoclips producidos para esta data tan especial, así como as actividades doutros anos.






viernes, 17 de mayo de 2019

XA TEMOS 5 PREMIOS VIDEOGHIT

O pasado venres, 16 de maio, celebrouse a gala de entrega de premios do Concurso Audiovisual Escolar Videoghit, organizado polo I.E.S. Pintor Colmeiro de Silleda.


Dous dos nosos videoclips tiñan nominacións como finalistas.




"Regueifando en Marín", do alumnado de 4º de primaria, acadou dous premios: "Mellor interpretación musical (son propio)" e "Mellor Videoghit infantil e primaria".
Como sabedes, a semana pasada, tamén recibiu o recoñecemento co primeiro premio na categoría "Arte e Música" dos premios Olloboi de Boiro e Cabo de Cruz.


Acudiron algúns alumnos implicados e un membro do profesorado que tamén entregou un premio.


Queremos dar os parabéns a toda a rapazada do Carballal por acadar xa 5 premios Videoghit en tres anos e sobre todo á organización desta fermosa iniciativa audiovisual escolar relacionada coa música en galego.




Se queredes ver todos os gañadores, todos os traballos presentados, o xurado e moitas cousas máis, podedes premer na seguinte ligazón:


Deixamos tamén dúas notiñas de prensa dos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo:


sábado, 11 de mayo de 2019

GAÑAMOS O NOSO 2º OLLOBOI

Os nenos e nenas de 4º de primaria, acudiron o pasado venres, 10 de maio, á xornada grande do Festival Audiovisual Escolar "Olloboi", que este ano foi en Cabo de Cruz e tivo unha organización de excepción. 
Queremos dar os parabéns a todos eses profes e profas que o fan posible e enviámoslle folgos tamén para que continúen celebrádoo.
Pola mañanciña, gravaron minicurtas con profesionais como Alfonso Zarauza ou Miguel de Lira.
Despois de xantar xogaron un pouco pola praia, aínda que o tempo non acompañaba moito, e fixeron unha xincana de xogos.
Xa pola tarde, foi a gala de entrega de premios, con Fede como presentador e con música ao vivo.
Presentáronse as pezas elaboradas pola mañá e puidemos facer preguntas sobre os proxectos nos que se atopan inmersos os profesionais do audiovisual galego que colaboraron no evento.
Aquí tedes a nosa:



Foi unha grande ledicia recibir un segundo recoñecemento co primeiro premio na categoría "Arte e Música" co videoclip sobre a nosa vila: "Regueifando en Marín".
Queremos dar os parabéns aos creadores e creadoras de todos os proxectos presentados ao festival pola súa calidade.
Unha xornada inesquecíbel... cómplices de Olloboi!!!
Aí vai un vídeo-resumo da xornada:


Se queredes ver máis fotos podedes premer nesta ligazón:


Máis información: 


viernes, 10 de mayo de 2019

BRAULIOTUBER

O alumnado de 4º de primaria, ten xa publicado na canle da CRTVG, o programa "BraulioTuber" sobre A Prehistoria gravado durante o mes de setembro.
Podedes desfrutar del premendo na seguinte ligazón:


Deixamos tamén  o que a propia rapazada gravou durante esa visita:

jueves, 9 de mayo de 2019

MARUXA

O alumnado de 1º de primaria vén de publicar un fermoso stop motion baseado no conto "Maruxa", da Editorial OQO, que está adaptado á nosa vila (PDI: "Marín, de todo un chisquín").
A actividade está enmarcada no Plan Proxecta: "Nós tamén creamos".


Como podedes ver no "Making of", estes nenos e nenas son xa uns expertos na materia: elaboración de decorados, creación de story boards, tarefas de produción, gravación de vídeo e audio, etc.
Xa veredes como quedades parvos con este traballazo... mil parabéns!!!

viernes, 3 de mayo de 2019

CLUB DE LECTURA, MARC TAEGER, "MARÍN EN VERDE" E SEGURIDADE VIARIA

Este venres, 3 de maio, celebrouse no recuncho de Tambo, a cuarta e derradeira sesión do Club de Lectura de este curso.


Adicouse ao marabilloso libro "Ojo de nube", de Ricardo Gómez, ilustrado por Jesús Gabán e editado por Barco de Vapor.


Os e as asistentes, remataron cun xogo de mímica ben divertido, disfraces e unha papadela de biscoito!!!


Os nenos e nenas de 1º de primaria, continuaron tamén este venres, coa súa investigación sobre o mar.
Gozaron da visita de Marc Taeger, que impartiu un obradoiro sobre a reutilización, reciclaxe e recreación do lixo que deixan as mareas.


A continuación, tiveron unha sesión de contacontos coa mestra Olalla González, mentres o noso convidado debuxaba co seu estilo tan persoal e característico...


O xoves, 2 de maio, presentouse na Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos", o libro "Marín en verde", moi útil para aprender cousas dos espazos naturais da nosa vila e moi acorde co PDI de este curso: "Marín, de todo un chisquín".


Un dos seus autores é Gaspar Bernárdez, un vello coñecido do cole que moito nos aprendeu de árbores nos últimos cursos...
Xa temos un tomo dedicado na biblio por se queredes consultalo!!!


Por outra banda, o xoves 2 e o venres 3 de maio, a rapazada do Carballal aprendeu moito de Seguridade Viaria enriba das súas bicicletas.


Contamos, como en anos pasados, coa colaboración da Policía Local e desfrutamos a cachón!!!


Para rematar, deixamos tres traballos audiovisuais relacionados con esta materia para que refresquedes a memoria...