miércoles, 17 de julio de 2019

PRIMAVERA DAS LETRAS 2019

A Real Academia Galega vén de publicar a listaxe de traballos realizados nos centros educativos no Día das Letras Galegas, adicado a Antón Fraguas, entre os que se atopa o noso.
Podedes visualizalos na súa páxina web: "Primavera das Letras".
Todos eles participan nun certame que fallará o premio (hai dous anos acadamos un deles co videoclip: "Casares-Tón") no mes de outubro.




martes, 16 de julio de 2019

TEMOS DOUS TRABALLOS PREMIADOS NO EMOVE FESTIVAL 2019

O xurado do eMove Festival, concurso audiovisual escolar e universitario nacional, vén de publicar os premiados da súa 4ª edición e a data da gala de entrega de premios que será en Madrid o vindeiro sábado, 19 de outubro, ás 11:00 da mañá.


Hai dous cursos, tivemos dous gañadores na sección videoclips cos proxectos: "O cole que queremos" e "Casares-Tón" e este curso os agraciados son os alumnos e alumnas de 1º de primaria.



O primeiro traballo recoñecido corresponde á sección "Mellor curtametraxe de animación para o 1º ciclo de primaria" co stop motion sobre igualdade xénero, con música propia, inspirado na nosa vila e cun conto da Editorial OQO como punto de partida: "Maruxa".


O segundo agasallado é na sección "Mellor reportaxe para o 1º ciclo de primaria", co proxecto de corte literario gravado in situ: "As praias de Marín".


Os dous son en galego e pertencen ao PDI: "Marín, de todo un chisquín".
Mil parabéns rapazada!!!


sábado, 13 de julio de 2019

PREMIO NO CERTAME "ENREGUÉIFATE"

Un dos primeiros traballos do PDI deste ano foi o videoclip do alumnado de 4º de primaria: "Regueifando en Marín".


Acadou o premio ao mellor Olloboi de Arte e Música, mellor VideoGhit Infantil e Primaria, mellor Videoghit á Interpretación Musical (son propio), nominación ao mellor actor e é finalista no FicBueu (Sección Escolas Galegas-Educación Especial, Infantil e Primaria).
Onte chegounos a noticia de que foi nomeado "regueifa mellor cantada" no Certame Enreguéifate.


Este foi o xurado:


Queremos dar os parabéns ao resto de gañadores/as.
A gala de entrega de premios será o vindeiro venres, 27 de setembro, ás 20 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.


Seguide desfrutando do verán!!!