jueves, 28 de abril de 2016

"O MOSQUITO FEDERICO"

Novo videoclip feito polo alumnado de 4º de Primaria inspirándose nun conto do Recuncho de Tambo: "O Mosquito Federico".
Agardamos que vos guste!!!


miércoles, 27 de abril de 2016

INTERCAMBIO DE LIBROS NA HONRA DE MANUEL MARÍA

Recordade que este venres día 29 de abril será o intercambio de libros no "Recuncho de Tambo".
Todos os nenos/as que trouxestes un libro, poderedes coller outro diferente para propagar e compartir cultura.
Teredes un agarimoso agasallo moi doce!










miércoles, 20 de abril de 2016

"O SEGREDO DE MOAD"

Nova curta sobre bullying realizada polo alumnado de 6º de Primaria na asignatura de Valores Socias e Cívicos.
Agardamos que vos guste!!!



martes, 12 de abril de 2016

VISITA Á CASA-MUSEO DE ROSALÍA

No Recuncho de Tambo disfrutamos moito co libro-disco "Rosalía Pequeniña" de Uxía Senlle e Magín Blanco.
Para afondar máis sobre a vida desta grande poetisa, o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria,  fixo hoxe unha saída a Padrón para visitar a súa Casa-Museo.
Para rematar a xornada tivemos unha visita guiada no xardín botánico.



lunes, 11 de abril de 2016

CONTACONTOS CON MIGUEL ANXO ALONSO DIZ

Hoxe, os nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Primaria, tivemos unha fermosa sesión de contacontos co escritor Miguel Anxo Alonso Diz.
Fixémoslle unha presentación especial xogando coas letras do seu nome.
Encantounos a actividade con luces na escuridade e mergullounos nas historias de tres dos seus contos.


 

 
 
 
 
 
 
 
 
 

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O pasado venres, día 8 de abril, representamos ao "Recuncho de Tambo" nos encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia ao que pertencemos.
Aprendemos cousas novas sobre audiovisual con Seso Durán entre outros.


sábado, 9 de abril de 2016

"ANDRÉS MILPÉS"

Videoclip realizado polos nenos e nenas de 4º de Primaria a partires dun conto do Recuncho de Tambo: "Andrés Milpés".
Agardamos que vos guste!


martes, 5 de abril de 2016

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Hoxe fixemos unha visita ao Salón do Libro de Pontevedra que este ano leva por lema: "Canta bichería".
Os nenos/as de Infantil e do Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria, puideron disfrutar de actividades de contacontos e dun roteiro guiado polo recinto.
Deixamos unha montaxe do profe Yeray sobre a visita e unha foto de Raquel Queizás narrando un contiño aos cativos/as de 5 anos!





martes, 8 de marzo de 2016

VIDEOCONFERENCIA CO DIRECTOR DE CINE BORJA MUCIENTES

Videoconferencia co director de cine Borja Mucientes para tratar cos nenos e nenas de Quinto de Primaria a importancia dos storyboards na elaboración de curtas no ámbito escolar.



ACTIVIDADE DE ELECTRÓNICA MUSICAL CON MATEO MENA

Os nenos e nenas de Sexto de Primaria aprendemos a fabricar instrumentos musicais electrónicos a partires de material de refugallo grazas á sesión impartida por Mateo Mena.



sábado, 27 de febrero de 2016

PEZAS ORFF INTERPRETADAS POR ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Aí vai unha peciña con orquestra Orff interpretada polo alumnado de 6º.
Agardamos que vos guste!!



RAPS SOBRE A LINGUA GALEGA CO PROFE YERAY

Esta semana estivemos gravando algúns raps dobre a Lingua Galega co alumnado de 5º de Primaria!


O PINTOR ÁLEX VÁZQUEZ ESTIVO NO COLE

O pintor Álex Vázquez, avó dunha alumna do centro, estivo impartindo un obradoiro de pintura coa rapazada de 4º de Primaria. Mirade que bodegóns tan bonitos!



martes, 16 de febrero de 2016

ENTROIDO NO CARBALLAL

Aí quedan dous vídeos do Entroido no Carballal!!!


XUBILACIÓN DA MESTRA INÉS SIEIRO

Coreografía e canción na que colaborou todo o profesorado e alumnado do cole para despedir á mestra Inés Sieiro, recén xubilada!!!



martes, 26 de enero de 2016

PRECISAMOS O TEU VOTO

Este vídeo sobre Educación Vial, feito por alumnos/as do C.E.I.P. Do Carballal de Marín, precisa un voto web indo ao link, un "me gusta" e que compartades en facebook. 
É para quedar seleccionados finalistas dun concurso nacional e que un xurado poida ver o clip e valoralo.
Grazas!

https://www.premioseducacionvial.com/cortometrajes/-/cortometraje/7401


sábado, 26 de diciembre de 2015

jueves, 17 de diciembre de 2015

MOITA SORTE PARA PABLO

Este sábado 19 de decembro, ás 22.30 horas, poderemos ver na TVG, a Pablo Romero (5º de Primaria) participando nun concurso de voces infantís.
Aquí temos a mensaxe que os seus compis de clase lle deixaron!!!


O APALPADOR PASOU POLO COLE

Esta mañá recibimos a visita do Apalpador acompañado por dous gaiteiros e máis unha pandereteira.
Agardamos que vos traia moitos agasallos o día 24!!!


martes, 15 de diciembre de 2015

FELIZ NADAL A TODOS/AS DENDE O RECUNCHO DE TAMBO

Fantástico traballo decorativo, coma sempre,  da ANPA do C.E.I.P. Carballal...


CONTACONTOS BEN DIVERTIDOS

O alumnado de 6º de Primaria está a realizar unha labor importante durante este curso contando fantásticos contos aos nenos/as de Educación Infantil... ás veces son tan animados que están acompañados por bailes!!



MURAL DO ALUMNADO DE 5 ANOS

Os nenos e nenas de 5 anos, a través das súas visitas á biblioteca na procura de información, elaboraron este marabilloso mural sobre o mar.





viernes, 4 de diciembre de 2015

PARABÉNS AOS SELECCIONADOS PARA O CONCURSO DA TVG

A Televisión de Galicia seleccionou a 6 alumnos/as do noso centro para participar nun concurso de voces infantís.
Destacamos que de 18 seleccionados de toda Galicia, 6 son do C.E.I.P. Do Carballal de Marín, co que queda claro que hai boa materia prima musical neste pobo...
Moito ánimo aos catro participantes non seleccionados, o que non significa que sexan mellores nin peores: Samuel de 4º, Iago de 4º, Xabi de 5º e Daira de 6º.
Os afortunados/as son:
-Arabia de 6º
-Aroa de 6º
-Ainhoa de 6º
-Pablo de 5º
-Paula de 4º
-María de 5º

DENDE O RECUNCHO DE TAMBO DAMOS OS NOSOS PARABÉNS!!!

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

O noso amigo Dieder fíxonos unha demostración gratuita, durante esta semana, sobre percusión tradicional e percusión con material de refugallo.
Dounos moitas ideas para acompañar as nosas cancións sobre bichos que este ano faremos no P.D.I. promovido polo "Recuncho de Tambo"...
Se alguén está interesado nas súas clases, pode poñerse en contacto con el (657290808), xa que está a formar grupos en Marín.



domingo, 29 de noviembre de 2015

TAMBO DESEXA MOITA SORTE A ESTES/AS SUPERCANTORES/AS

A TVG fará unha selección destes 10 alumnos/as do noso cole para participar nun concurso de voces infantís que emitirán en breve... Moita sorte a todos dende O Recuncho de Tambo!!!



martes, 24 de noviembre de 2015

SESIÓN DE CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO RECUNCHO DE TAMBO

Onte tivemos unhas fermosas xornadas para educar en contra da violencia de xénero na nosa biblioteca e grazas ao Concello de Marín.


miércoles, 21 de octubre de 2015

CONTACONTOS DE MEDO

Tambo e Onza teñen unha chea de libros de medo seleccionados na biblioteca.
Podedes pasar por alí para botarlle unha ollada.
Recordámosvos que o vindeiro xoves 29 de outubro, teremos ao longo da mañá, narracións de contos de medo por parte de mestres/as: Laura, Chus, Graciela, Pili, Víctor, etc
Non faltedes!!