Estás no blog da Biblioteca e do EDLG do CEIP do Carballal de Marín.
Son a tartaruga Tambo,
a súa mascota.
Agardo que pases un bo rato lendo as nosas lerias!
Hoxe festexamos no cole un Samaín Revolucionario que tardaremos en esquecer... Houbo cabazas premiadas, unha ambientación terrorífica de impresión, madriñas e padriños lectores de 6º de Primaria con contos de medo, disfraces diabólicos, merendola de meigallo, obradoiros variados, baile moderno con "Thriller" e pedida de larpeiradas polas casas da contorna...
Vaia... colábasenos o tan agardado "Túnel do Terror" que organiza a ANPA "Viñas Blancas" e que este ano tivo nada máis e nada menos que a presenza da TVG para gravalo e retransmitilo.
Este curso, estivo relacionado co conto: "Carapuchiña Vermella". Aqui o tedes!!! Que medoooooo...
Deixamos tamén o túnel doutros anos!!!
Queremos dar as grazas á resposta das familias de cara a todas as loucuras que vos propoñemos... Feliz Samaín a tod@s con este fermoso videoclip!!!
Esta mañá, o alumnado de 6º de Primaria, tivo a sorte de presenciar unha clase maxistral de escritura de contos da man dunha compoñente da nosa comunidade educativa.
Si, si... a nosa coidadora Eva é unha gran escritora de relatos que deixounos pampos con marabillas coma esta:
A actividade programouse para axudar á rapazada na tarefa de deseñar contos sobre Marín para o concurso que remata o vindeiro 30 de novembro e ao que vos animamos a participar.
A sesión foi moi completa e estivo moi ben estruturada... aprendemos moitísimo e de seguro que nos serve para facer un conto impresionante sobre a nosa vila.
Os aspectos que tratou foron os seguintes:
E na última sesión do día, a mestra Olalla, volveu facer un obradoiro de contacontos, esta vez, para o alumnado de 1º de Primaria.
Pensamos que queda claro que temos grandes talentos no colexio e que este ano estamos a aprender un montonazo de cousas relacionadas coa literatura!!!
Hoxe, o alumnado de 5º de Primaria, desfrutou dunha excelente actividade relacionada co audiovisual e o cine.
Foi ofertada pola Universidade de Vigo e o título do obradoiro foi: "Na clase".
Estivo anegada de actividades que axudan a pensar en imaxes, no mevemento entre varias de elas e que está relacionada cos xoguetes. Asistiron varios docentes (unha delas irmá da profe Mili) e dúas alumnas gravaron a sesión en vídeo cun stedycam ben curioso con forma de volante.
A semana pasada estivo marcada polas xornadas formativas que o equipo docente do Carballal recibiu en diferentes lugares e sobre diferentes temáticas. O venres, día 19, un grupo de mestres acudiron durante toda a xornada á Coruña. Pola mañá, asistiron a unha xornada de formación sobre audiovisual, e xa pola tarde, tiveron un encontro na Academia Galega do Audiovisual para tratar temas comúns con outros mestres/as galegos e que moi prontiño saberedes... porque hai algunha sorpresiña!!!
O sábado, día 20 de outubro, outro grupo de mestres acudiron a Santiago a unha xornada formativa "Piteas", na que aprenderon moito sobre esta metodoloxía de traballo a través de diferentes obradoiros activos, baseados na realidade dun centro escolar.
E outro grupo de mestres acudiu a Vigo para desfrutar do II Foro de Educación organizado por Faro de Vigo.
A invitación chegou porque o noso centro está inscrito no proxecto "Faro da Escola".
Aquí temos á profe Mili con Richard Gerver e coa profe Jeni... á que botamos moito de menos!!!
O vindeiro martes, día 30 de outubro, celebraremos o Samaín no colexio pola mañá, e pola tardiña, será a festa organizada pola ANPA "Viñas Blancas". Xa estamos impacientes agardando o "túnel do terror"...
Durante esa semana, o alumnado de 6º de Primaria exercerá de "padriños e madriñas lectores", contando contos de medo aos máis pequechos. Por outra banda, recordámosvos que tedes un baúl no recuncho de Tambo anegado de libros que meten medo!!! E tamén podedes visualizar o conto que gañou o ano pasado no concurso...
A temática de este ano para decorar as cabazas, está relacionada coa do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: "As revolucións". Podedes ambientalas pensando en personaxes que revolucionaron o mundo como: escritores, pintores, políticos, músicos, etc. Seguro que imaxinando un pouco sae algo ben chulo... como pasou outros anos!!! Aquí tedes as que fixestes no curso pasado!!!
Queredes participar no programa musical da TVG "Pequenos Fenómenos"?
Gravádevos en vídeo interpretando vocalmente un fragmento musical (acompañado de música ou non) e enviádeo por WhatsApp ao número de teléfono 648197440 indicando o voso nome e o colexio. Tedes que facelo antes do vindeiro día 10 de novembro!!! Se queredes ver algúns exemplos de casting que fixemos outros anos no colexio, podedes visualizar estes vídeos:
Algúns exalumnos/as conseguiron participar noutras edicións do concurso e algún deles incluso chegou á fase final. Moita sorte a to@as!!!
Hoxe, 24 de outubro, celebramos no cole o Día da Biblioteca!!!
Para festexalo, deseñamos dúas actividades: 1-Como sabedes, este curso faremos un traballo de investigación (PDI) sobre a nosa vila: Marín. Todos os nenos e nenas do cole buscaremos información sobre: paraxes naturais, personaxes, institucións, plazas, etc. Tivemos numerosas propostas para poñerlle un título a este proxecto, que penduramos na corticeira dun andar, a modo de exposición, durante uns días!
Aínda que houbo moitas achegas interesantes, tivemos que elixir unha... e quedámonos coa de Leire Pérez Portela de 4ºA: "Marín: de todo un chisquín". Pois xa temos título para o noso PDI!!!
2-Como era unha data tan especial, tamén botamos a andar as "mochilas viaxeiras" que repartiron os alumn@s de 6º polas diferentes aulas de Infantil e Primaria durante a hora de ler.
Estas mochilas conteñen tres ou catro libros variados e un caderno.
Dentro do caderno atoparedes unha cartiña de Tambo coas instruccións, así como unha relación dos libros que contén. Non vos esquezades de escribir, debuxar ou pegar algo nel... e desfrutade moito deses libros na casiña!!!
O pasado mércores 10 de outubro, a mestra titora de 1º de Primaria, Olalla González, impartiu unha clase maxistral de contacontos ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Olalla, ademais de mestra, é unha formidable contacontos e escritora infantil así que... tiñamos que aproveitar a ocasión de tela connosco este curso.
Moi pronto, estes rapaces e rapazas, contarán contos á rapazada de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria como madriñas e padriños lectores... e de seguro que empregarán os truquiños que aprenderon de Olalla!!!
O alumnado de 4º de Primaria púxose mans á obra co PDI deste curso, que como xa sabedes, trata sobre a nosa vila: Marín. Como actividade introductoria sobre A Prehistoria, gravaron un programa de televisión con BraulioTuber (Os Bolechas) o pasado luns 1 de outubro, que moi prontiño, estará nas pantallas da TVG.
Na noitiña do venres 5 de outubro, foron camiñando dende o centro da vila até os Petróglifos de Mogor para aprender, da man de Alberto, moitas cousas de este elemento artístico famoso no mundo enteiro. Dende alí, gravaron un podcast de radio para Canal Tambo que agardamos sexa do voso agrado!!!
O pasado mércores 26 de setembro, tivemos no cole unha fantástica actividade musical para o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Óscar invitounos a desfrutar da percusión con material de refugallo que vimos facendo nos tres últimos anos. Traballamos a pulsación, un pouco de técnica, a imitación de patróns e incluso nos fixo unha demostración coa batería interpretando diferentes estilos musicais. Esta actividade está ofertada como extraescolar pola ANPA "Viñas Blancas" para este curso... por se queredes anotarvos!!!
O pasado xoves, 4 de outubro, abriu o recuncho de Tambo para todo o alumnado do Carballal. Ese mesmo día repartimos os carnets dos novos usuarios e comezaron a funcionar os grupos de axudantes de 6º de Primaria.
Durante a xornada anterior, un grupo de rapaces e rapazas anunciaron a apertura dunha forma especial, deixando pistas por todas as aulas do tema do PDI que imos desenvolver no presente curso escolar... como xa sabedes, trátase da nosa vila: Marín. Grazas aos puzles que nos deixaron e á carta de Tambo conseguimos averigualo! E outra cousiña... xa podedes buscarlle un nome molón ao noso traballo de investigación!!!
Ola a todos/as dende o recuncho de Tambo! Queremos darvos a benvida a este curso escolar informándovos que a partires de agora, este blog e a nosa canle de YouTube, estarán asociados tanto á Biblioteca como ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Os membros do Equipo de Biblioteca preguntámoslle a Tambo cal é o PDI que imos realizar este ano, pero semella que a nosa tartaruga está moi cansa despois das súas vacacións de verán e négase a falar. O único que conseguimos sacarlle é que moi prontiño, anunciaráse o día de apertura da Biblioteca dunha forma moi especial na que tamén se vos dirá en que vai consistir a aventura na que embarquemos este ano... así que estade ben atentos a todo o que aconteza no cole na vindeira semana.
Por outra banda, queremos deixarvos un vídeo-resumo do marabilloso día que pasou o alumnado de 5º de Primaria na Gala Escolas do FicBueu, xa que "A bruxa das antenas", resultou ser un dos finalistas. Desfrutaron tamén dun concerto de Paco Nogueiras ("Radio BuleBule"), dun obradoiro de interpretación co actor Nani Matos e dunha visita guiada ao Museo Massó.
Aquí tedes un vídeo de todo o festival:
Para finalizar, compartimos o videoclip "Piolliños", co que se homenaxeou á mestra Carmen Castro que este curso descansa na casiña despois da súa xubilación. Xa comezamos a botarte en falta!!!
Despois dun curso ateigado de proxectos ("A maxia de comunicar"), hoxe celebramos o Festival de Fin de Curso e as Graduacións de Infantil e Primaria no cole. Queremos despedirnos ata setembro cun vídeo-resumo das actuacións que fixestes e coa despedida da rapazada de 6º de Primaria que xa vai para o instituto. Desexamos que sexades moi felices nestes máis de dous meses de vacacións que vos quedan por diante e recordade que todo é posible... este ano conseguimos facer un xornal, crear unha radio-tv no cole e acadamos moitos premios que nos deron folgos para seguir traballando. Queremos darlle unha aperta especial a Carmen Castro, que despois de 34 anos no Carballal, xubílase estes días. Mirade que corredor de agarimo argallamos o último día de clase... colleuna por sorpresa e... emocionouse!!!
Lede moito Tambeir@s!!!
Temos tamén unha sorpresiña, xa que a dirección do FicBueu, notificounos que o videoclip "A bruxa das Antenas" é un dos catro finalistas da edición 2018.
O sábado 15 de setembro, nunha gala presentada por Paco Nogueiras, saberemos cal foi o gañador da Sección Escolas: Educación Especial, Infantil e Primaria. Despois da gala haberá un concerto do propio Paco Nogueiras co seu traballo "Radio BuleBule". Xa pola tardiña temos un obradoiro de interpretación con Nani Matos. Cando voltemos ás aulas xa informaremos ben de todo pero se queredes cotillear deixamos o link da páxina oficial do FicBueu: https://www.ficbueu.com/es/ Pechamos o chiringo!!! Feliz verán!!!
Esta mañá, a rapazada de 4ºA de Primaria, sorprendeunos coa interpretación da obra teatral cómica: "El fotógrafo Sisebuto hace fotos en un minuto". Trátase de outra actividade enmarcada no PDI: "A maxia de comunicar". Deixámosvos unha mostra na que falta algunha sección, pero que ben serve para facernos unha idea da súa trama. O público corresponde ao alumnado de 2º de Primaria e de Valores de 6º. Debido á magnífica capacidade interpretativa destes actores e actrices, prometemos unha gravación de máis calidade para o curso que vén. Agardamos que vos guste e xa sabedes... hai que ter paciencia!!!
E Sabela Márquez, de 5º de Primaria, quixo expresarse musicalmente facendo un videoclip-parodia da canción "Sin Pijama".
A idea, gravación e montaxe é obra exclusivamente súa e fíxoa dentro dunha actividade de Educación Musical enmarcada no PDI de este ano.
Hoxe, 14 de xuño, houbo un acto na Biblioteca Municipal de Marín no que proxectamos en primicia o primeiro programa de Tv "Ruxerruxe nas Ondas", do Canal Tambo. Presentáronno os seus produtores, os alumn@s de Valores de 6º de Primaria, e... houbo cheo até a bandeira!!! Sen dúbida foi o colofón do PDI proposto polo recuncho de Tambo: "A maxia de comunicar". Estivo interpretado en lingua de signos, in situ, por Rosa, de EntreSignos.
Contamos coa presenza estelar da madriña da nosa Biblioteca: Fina Casalderrey. Dentro do programa houbo unha fermosa entrevista na que nos contou, de primeira man, cousas sobre María Victoria Moreno. Saíu tamén unha estrevista a Xián Gutiérrez, publicidade propia, un consello vial, un videoclip e moitas máis cousas!!!
Como esta data coincidiu coa celebración do "Día Nacional das Linguas de Signos", acudiu Miriam (EntreSignos)... e proxectamos o noso videoclip-curta, producido coa súa axuda: "Xa non teño medo".
Houbo unha sorpresa moi especial e chea de emoción, xa que unha parte do programa, estivo adicada á profe Carmen Castro, que despois de más de 40 anos traballando no ensino (34 deles no Carballal), xubílase nuns días. Moitísimas grazas a todos e a todas por vir!!! Aquí podedes visualizar xa o noso primeiro programa de tv:
O pasado martes, día 5 de xuño, celebramos no colexio a XII Merenda Intercultural. Este ano estivo relacionada co PDI proposto polo recuncho de Tambo: "A maxia de comunicar". Tivemos moitos obradoiros relacionados: Morse, Braille, Lingua de Signos, mímica, etc. As actuacións foron de baile moderno, ximnasia rítmica e patinaxe. Houbo un Museo Piteas instalado na primeira planta e coma sempre, unha decoración impresionante. Tamén merendamos a escachar coma todos os anos e... tomamos uns zumes moi refrescantes feitos no momentiño!!! Este ano decidimos non gravar nada en vídeo para deixar unha testemuña sonora en forma de programa de radio... o noso primeiro "Ruxerruxe nas Ondas Radio" que produciron Alejandro e Sabela, de 3º de Primaria. Agardamos que vos guste!!!
O pasado venres, día 1 de xuño, o alumnado de Primaria acudiu á Alameda de Marín e á Escola Naval Militar para participar na II Carreira organizada polo Concello e que está enmarcada nos actos de celebración do 75 aniversario da Escola de Gardamarinas. Pasámolo realmente xenial facendo exercicio, xogando cos inchables e aprendendo coas demostracións que nos fixeron. Agasalláronnos cunha bolsa na que viña unha camiseta, unha medalla, auga e algunha froita... Mirade que vídeo-resumo máis chulo!!!
Unha das actividades relacionadas co PDI de este curso foi o proxecto "Faro da Escola". Grazas a el elaboramos por completo o noso propio xornal que xa está no colexio. O pasado luns, 28 de maio, déronnos dous recoñecementos polo noso traballo nunha gala celebrada en Vigo e á que acudiu o alumnado de 3º de Primaria cos seus titores. Podedes estar ben orgullos@s polo traballo!!! Agardamos que desfrutedes moito mergullándovos nel...
Aínda que tiñamos catro traballos audiovisuais con oito nominacións nos Premios Videoghit 2018 en diversas categorías, "Fals'e traedor" acadou dous recoñecementos polo mellor Videoghit de Infantil e Primaria e Ángela, unha das súas protagonistas, o Videoghit á mellor actriz.
A gala foi onte en Silleda e asistiron varios mestres e dous representantes do alumnado: Hernán e Sira.
Esta curta-videoclip xa acadara o primeiro premio no certame VindeVídeos.
Unha vez máis, parabéns ao alumnado de 5º de Primaria en particular e a toda a comunidade educativa do Carballal, en xeral, polas nominacións. Aquí tedes unha foto dos trofeos, un vídeo da recollida de galardóns e unha notiña de prensa:
Esta mañá, o alumnado de 5º de Primaria desfrutou dunha actividade musical relacionada coa percusión con material de refugallo impartida por Didier Díaz (ecopercussion@yahoo.es tf:657290808). Aprendemos cousas sobre este tipo de instrumentos, fixemos patróns rítmicos simultáneos e executamos exercicios de imitación. Unha actividade máis para o PDI: "A maxia de comunicar"... con linguaxe musical. Aquí tedes unha mostra en vídeo:
E aquí a visita que Didier nos fixo hai dous cursos:
Un ano máis temos nominacións nos Premios Videoghit, unha fermosa iniciativa do IES Pintor Colmeiro de Silleda que pretende potenciar os videoclips escolares en galego. Somos finalistas en cinco das sete categorías ás que optabamos e... un premio asegurado! En total hai 8 nominacións para o Carballal. A gala de entrega de premios será o vindeiro venres 25 de maio no Auditorio da Feira Internacional de Silleda ás 20:30 horas. Se queredes acudir con algún familiar podedes facelo, aínda que irán mestres en representación da comunidade educativa que elaborou os videoclips implicados. Queremos dar mil grazas por este recoñecemento... Parabéns rapazada!!!
Hoxe, con tres días de adianto, celebramos no colexio o Día Das Letras Galegas, xa que mañá moi cedo, marcha a meirande parte do alumnado de 1º, 2º e 6º de Primaria coa excursión de final de curso.
Desfrutamos cunha mostra de libros da profe Ángeles asinados pola autora homenaxeada este ano: María Victoria Moreno Márquez.
Acto seguido, contounos algunhas anécdotas, posto que ela e a profe Carmen Castro, foron alumnas súas no instituto.
Para rematar, interpretamos a canción feita no cole e inspirada nos seus versos: "Xa non teño medo".
Acompañámola coa súa coreografía e fixemos o retrouso con lingua de signos.
Recordamos tamén os versos de Carlos Casares e Manuel María co "Casares-Tón" e "Galicia", feitos en anos anteriores.
O alumnado de 5º de Primaria elaborou un mural ben chulo para presidir o acto no que non podían faltar os cans que tanto amaba a autora.
Deixamos unha mostra en vídeo e... feliz "Día Das Letras Galegas 2018" rapazada!!!
Queremos dar mil parabéns a María Moldes que acadou un premio na categoría de 3º e 4º de Primaria por "O segredo das gafas", nos "XV Premios de Narración para Escolares do Concello de Marín".
Seguide escribindo e creando historias!!!
Aquí tedes toda a información nunha nota de prensa:
Para rematar, informarvos que non houbo sorte nos Premios Olloboi...
Tiñamos dous nominados finalistas nas Categorías Peque ("Fals'e traedor") e DJ ("Xa non teño medo").
Os premiados foron "Mareas vivas de Lourizán" e "Piñeiros no xardín" respectivamente.
Deixamos un pequeno vídeo no que aparece música en directo na gala de entrega de premios e unha foto dos profes que recolleron os diplomas co gran Miguel de Lira.
Esta mañá, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, presenciou un musical no Teatro Principal de Pontevedra. A obra representada foi todo un clásico: "Pocahontas". Contaban cunha equilibrista especialista en cordas e aros pendurados e pasámolo realmente ben. Aquí tedes un pequeno testemuño da función:
Así mesmo, o alumnado de Educación Infantil, desfrutou, tamén en Pontevedra, da obra de monicreques "Antón Comodón", un home afeito a que lle fagan todo na casa e ao que non lle queda máis remedio que aprender cando perde ao seu sirviente. Foi moi divertida... Mirade un anaco que gravou o profe David:
Como sabedes, é o que ten maior calado en Galicia e mostra as mellores pezas da canteira. A gala de entrega de premios será en Boiro (Estaleiros Triñanes) o vindeiro venres, 11 de maio. Estará presentada por Sabela Hermida e Fede Pérez e contará coa presencia de grandes profesionais como Miguel de Lira ou Andrés Goteira (13 galardóns nos Mestre Mateo por "Dhogs"). Credes que temos algunha peza seleccionada finalista? Mirade a ver...
Acudirán catro mestres representando ao colexio, xa que este ano, por falta de plazas, non poderemos participar con vós nas actividades que se desenrolarán ao longo dese día. Aquí tedes toda a información, mil parabéns a tod@s e moita sorte!!! https://www.olloboi.com/ Por se queredes visualizar todos os proxectos finalistas dende a web de Olloboi, aquí tedes os títulos agrupados por categoría:
E aquí un vídeo-resumo da experiencia do ano pasado no Olloboi:
2- Neste 2018, coma en anos anteriores, Renfe desenvolve unha iniciativa para dar proxección ao Día das Letras Galegas. Acaban de comunicarnos que o noso traballo audiovisual "Xa non teño medo" proxectarase nos trens Coruña-Santiago-Vigo e Coruña-Santiago-Ourense. Estará tamén nos monitores de nove estacions de Galicia. http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/24486 Xa que é unha actividade común do cole... parabéns a tod@s!!!
3- O pasado venres 27 de abril, houbo un encontro na Coruña entre os membros da Academia Galega do Audiovisual e os docentes que imparten esta materia ou a empregan como ferramenta educativa. O Carballal foi convocado pola proxección do noso proxecto audiovisual de centro: https://www.youtube.com/channel/UCUuAbPwbwdqAojJetelJ4Tg
Acordáronse varias iniciativas que se irán desenvolvendo por grupos de traballo e que moi pronto coñeceredes.
Igual para o ano que vén xa existe unha sección escolar nos Premios Mestre Mateo...
Aquí podedes ver toda a información e algunhas fotos:
4- O venres 4 de maio, celebrouse en Santiago a Feira de Proxectos Piteas, na que participou o noso centro, como integrante desta iniciativa da Fundación Barrié e a Consellería de Educación.
Deixamos unha instantánea do evento e dúas ligazóns, para que vexades a noticia na prensa:
5- Para rematar, comentar que ese mesmo día, o alumnado de 5º de Primaria acudiu con rapazada do IES Mestre Landín á Facultade de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo para participar nunha competición de robots.
Aquí podedes mirar unha nota de prensa con máis información:
A pasada semana desfrutamos moito, no recuncho de Tambo, cunha charla didáctica impartida por Celso Méndez e Julio Santos (Ateneo Santa Cecilia) sobre os Maios e Embarcacións no Concello de Marín: construción, melodía, coplas, coroa, etc. Propuxéronnos, ademais, un concurso de debuxo sobre esta temática.
Trouxeron moitas fotografías enmarcadas deste evento ao longo dos anos no noso concello.
Empregámolas para ateigar os corredores e aprender algo de cultura e tradición.
Moitos nen@s do cole animáronse a participar nesta festa ancestral cos Maios "San Xulián" e "Landeiras" e anotáronse ao concurso que o Ateneo celebra dende 1953 e que pretende potenciar coa axuda de tod@s.
Levaron moitos premios e merendaron rosca, chocolate e caramelos...
Escoitáronse coplas ben divertidas e incluso houbo un Maio de Rois.
Por certo, hoxe tamén tería cumprido 79 anos, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno.
Deixamos unha pequena mostra do que aconteceu durante o día en Marín.
Feliz Maio tambeir@s!!!
E para rematar, deixamos unha ligazón para escoitar a canción "O maio" (con letra de Curros Enríquez e música de Luis Emilio Batallán).
Cando remate podedes deixar prendido o reprodutor e desfrutar do disco máis vendido da historia en lingua galega.