A comezos de setembro, recibimos a nova de que o videoclip "Mergullo nas Rías" (himno do PDI 2021/2022), argallado polo alumnado que agora cursa 5º de Educación Primaria, foi seleccionado finalista na Sección Escolas Galegas (Educación Especial-Infantil-Primaria) do Festival Internacional de Cine de Bueu (FICBUEU).
lunes, 12 de septiembre de 2022
SOMOS FINALISTAS NO FICBUEU 2022
viernes, 9 de septiembre de 2022
BENVIDOS/AS AO CURSO 2022/2023
Logo dun verán intenso, debido ao bo tempo e as actividades culturais sen restricións, chega un novo curso ao Carballal.
Queremos darvos a nosa máis enérxica benvida e moitos folgos para esta nova aventura que comeza hoxe.
Na entrada do primeiro día de cole e no recreo, de seguro que escoitastes música algo antiga e vistes uns globos con dous anos (1972 e 2022).
Queremos que investiguedes durante a fin de semana e nos digades a que conclusión chegades a partir desa pescuda...
Aquí vos deixamos un vídeo con dúas instantáneas e a mestura de cancións que se escoitaron.
Moi bo curso 2022/2023 para todos e todas!!!
lunes, 20 de junio de 2022
MERGULLOVISIÓN - FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS
O pasado martes, 21 de xuño, ás 11:10 horas, celebramos o Festival de Fin de Curso 2021/2022, que este ano levou por título: "MergulloVisión".
A orde de actuacións foi a seguinte:
O acto foi retransmitido vía streaming para as familias.
Para poder visualizalo outra vez, tedes que premer na seguinte imaxe.
viernes, 17 de junio de 2022
FEIRA DE EXPOSICIÓNS DO PDI "MERGULLO NAS RÍAS"
O pasado martes, 21 de xuño, os nenos e nenas do Carballal fixeron a exposición de cada un dos produtos individuais, realizados por niveis ou aulas, que conforman o PDI "Mergullo nas Rías".
Foi no ximnasio (por mor da choiva) ás 17:00 horas e logo, ás 18:00, nun patio cuberto exterior, tivemos a actuación de Peter Punk Pallaso co seu espectáculo "Chungo que te cagas" (premio do alumnado de 5º de Educación Primaria no Olloboi 2022 co seu videoclip "Heroes enmascarados").
SAÍDAS DE FIN DE CURSO
Ao longo destas dúas semanas estanse a producir saídas do alumnado do Carballal co gallo da fin deste curso 2021/2022, moitas delas, relacionadas co PDI: "Mergullo nas Rías".
O alumnado de 4º de Educación Primaria visitou, o pasado venres 10 de xuño, o Museo Massó e a Fábrica de Salgadura da Praia Mourisca, en Bueu.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria foron o pasado martes, 14 de xuño, a O Grove para gozar do seu acuario e dunha viaxe en catamarán na que visualizaron os fondos mariños.
O alumnado de 6º de Educación Primaria fixo un roiteiro pola ría de Pontevedra (Mosteiro de Poio, Muíños da Freixa, Combarro, illa da Toxa e Miradoiro de Siradela) o pasado venres 10 de xuño durante todo o día.
Entre os días 14 e 17 de xuño foron ao Parque Nacional de Cabárceno (Cantabria) e tamén aproveitaron para visitar, entre outros lugares: a Praia das Catedrais, a Cova de Altamira, a Cova do Soplao, Santander ou o Museo Xurásico.
O mércores 15 de xuño, tamén fixemos a saída á tradicional carreira "Botón de Ancla".
O pasado venres, 17 de xuño, o alumnado de Educación Infantil acudiu á Lagoa de Castiñeiras durante toda a mañá, e puido gozar coa súa flora e fauna.
Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria, fixeron a súa saída o pasado mércores, 22 de xuño, derradeiro día de curso, ao Museo do Mar de Vigo.