viernes, 19 de diciembre de 2025

NADAL 2025 - GUÍAS DE LECTURA - TEATRO AFUNDACIÓN

Esta semana tivemos unha chea de actividades navideñas no cole: tren de Nadal, visita dos Reis Magos, canto de panxoliñas pola contorna, festuquis con agasallos do amigo invisible, etc.
Recibimos incluso un exquisito doce coa forma do cole por parte da familia de Gonzalo (6º de Educación Primaria).



O colofón foi o venres, 19 de decembro, coa Festa de Fin de Ano que fixemos no ximnasio onde cantamos a panxoliña "Nós imos papar" e comemos as uvas (gusanitos) cunhas badaladas anticipadas e traxes elegantes.
Tamén houbo un espectáculo de maxia e algún baile navideño.



Por outra banda, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo fixeron as Guías de Lectura por se queredes facer algún agasallo lector en galego durante as festas.





Para rematar, o alumnado de 1º ciclo fixo unha saída ao Teatro Afundación de Pontevedra o pasado luns, 15 de decembro.

Bo Nadal, Tambeiros/as!!!

viernes, 12 de diciembre de 2025

"NÓS IMOS PAPAR" (PANXOLIÑA) - SAÍDA A VIGO - CHARLAS - MERCADILLO DE NADAL

O alumnado de 4º de Educación Primaria, na materia de Proxecto Competencial, compuxo unha panxoliña moi cociñeira a partir do hit navideño "Feliz Navidad" (José Feliciano).

Queremos cantala todos xuntos na festa que faremos o vindeiro venres, 19 de decembro.

Aqui tedes un vídeo-karaoke para que poidades practicala na casa e "salpimentar o voso maxín".



O alumnado de 5º de Educación Primaria, acudiu ao Museo do Mar (Vigo) cos nenos e nenas do IES "Mestre Landín".
Foi o pasado xoves, 11 de decembro.



Por outra banda, o venres, 12 de decembro, tivemos unha charla/obradoiro sobre inclusión e igualdade coa Asociación Iris Social.

Estivo dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria nas súas aulas.


O martes 9, profesorado e familias, tiveron tamén unha interesante sesión formativa á tardiña.


Para rematar, o sábado, 13 de decembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria, vendeu as súas manualidades no tradicional Mercadillo de Nadal no Parque Eguren de Marín.
Os fondos serán para a excursión de Fin de Curso!!!

viernes, 5 de diciembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE - VISITA Á CADENA SER

O pasado mércores, 3 de decembro, foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.


Dende o Departamento de Orientación argallouse unha actividade común ben fermosa.

Nun paraugas branco penduramos unha serie de dereitos que todos e todas temos por lei e o xeito que teñen as persoas con discapacidade para obtelos.


Cada aula escolleu un dereito fundamental e finalmente colgámolo nun dos andares do cole.

Queremos conciencia social e vontade política...



Por outra banda, esa mesma mañá, representantes do alumnado de 5º de Educación Primaria, saíron á sede da Cadena Ser en Pontevedra e coñeceron as súas instalacións.



Foi co gallo dos Premios José Hermida e a experiencia perdurará na nosa memoria pois aprendemos un feixe de técnicas de narración fronte ao micrófono.



Aquí tedes un vídeo publicado polo seu departamento de comunicación.