viernes, 23 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA - FESTA DE ENTROIDO DA ANPA "VIÑAS BLANCAS" - OUTRAS NOVAS

O pasado venres, 23 de febreiro, festexamos o Día de Rosalía no Carballal coincidindo co 187 aniversario do nacemento desta prestixiosa poetisa das nosas letras.



Os axudantes de biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron un recital musical na súa honra na biblioteca en cinco pases e tamén tivemos unha búsqueda de pescudas no interior do colexio con retos matemáticos e de habilidade motriz para atopar o tesouro rosaliano.





Pasámolo moi ben e... o máis importante: aprendemos xogando unha chea de cousas sobre Rosalía de Castro!!!




Aquí tedes o vídeo-resumo da xornada.


O martes, 20 de febreiro, á tardiña, foi a Festa de Entroido da ANPA "Viñas Blancas".


Houbo un montón de actividades, obradoiros, música, premios e como non, disfraces.


Esa mesma tarde foi a segunda Xornada de Portas Abertas.

O xoves, 22 de febreiro, o alumnado de 1º e 5º de Educación Primaria asistiu a unha charla sobre saúde bucodental (Sonríe sen medo!) que nos axudará a coidar o noso corpo.


Foi na biblioteca e correu a cargo do Doutor César Barreiro e á súa axudante que traballan no Centro de Saúde de Marín.

Ao rematar déronnos un cepillo de dentes e un diploma.



Continuando co Programa "Lectura e Familias" gozamos con dúas actuacións ben interesantes esta semana.

O luns, 19 de febreiro, asistiu ao colexio Esteban, pai de Grace (4º de Educación Infantil).

Impartiu unha actividade de pilates co alumnado de Educación Infantil no escenario que os deixou ben relaxados e que está moi relacionada co PDI anual.


O venres, 23 de febreiro, Laura, nai de Antón e Breixo Iglesias, asistiu ao cole para lernos uns contos moi fermosos sobre animais e curiosidades dentro do mesmo programa.

O que máis nos gustou foi "El retorno de Villarina".


Foi nunha das aulas e estivo destinado ao alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil.

Aprendemos moito... incluso a razón pola que temos pelos no nariz!!!



Para rematar, deixámosvos a maqueta que este ano enviaremos ao Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que está quedando ben bonitiña!!!

viernes, 16 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024 - HISTORIA DE SUPERACIÓN - OBRADOIRO DE FILLOAS

O pasado venres, 16 de febreiro, celebramos o Entroido no Carballal baixo o himno dunha versión de LocoMía relacionada co PDI, gravada por alumnos e alumnas de cursos variados que leva por título: "Healthy lifestyle".




Tivemos unha degustación de doces típicos desta época do ano (filloas, orellas, rosquillas, flores de carnaval, etc) e logo un gran desfile pola contorna do centro con: médicos (Educación Infantil), froitas (1º de Primaria), hortalizas (2º de Primaria), indios da tribo do corazón (3º de Primaria), xente zen (4º de Primaria), personaxes de humor para salvar o mundo (Mortadelo e Filemón, 5º de Primaria) e reciclaxe para coidar a natureza (6º de Primaria).



Para rematar, tivemos acrosport/ximnasia rítmica e unha festa rachada con moita música e coreografías argalladas polo alumnado que se enfrontaron nunha batalla de baile con moitos premios.


Pasámolo realmente ben tal e como podedes comprobar no vídeo-resumo da xornada.


O xoves, 15 de febreiro, houbo dúas actividades ben interesantes pertencentes ao programa "Lectura e familias".

A primeira delas estivo destinada ao alumnado de 5º de Educación Primaria na biblioteca con Lorena, nai de Hugo e Alma Cao.


Deunos unha charla moi instrutiva e emocionante sobre a súa historia persoal de superación ante un cancro.


A segunda, consistiu nun obradoiro de elaboración de filloas no comedor dirixido ao alumnado de 4º de Educación Primaria.



Impartiuno a nai de Hugo e a avoa de Carlota, quen tamén nos contou unha chea de cousiñas sobre o Entroido de cando ela era rapaza.



E xa sabedes... o Entroido non remata aínda pois, o vindeiro martes, día 20, ás 17:00 horas, será a festa da ANPA "Viñas Blancas" con música, obradoiro de postres, desfile, premio ao mellor disfrace e animación da man de Mimos.
Boa fin de semana tambeiros/as!!!

viernes, 9 de febrero de 2024

LECTURA E FAMILIAS - SEMANA DO MANDADIÑO - CANCIÓN A ROSALÍA DE CASTRO

Esta semana continuamos cunha sesión do programa "Lectura e Familias" deste curso con Paula, nai de Iago e Pablo Vilas.


Foi o pasado xoves, día 8 de febreiro, na biblioteca e estivo dirixida ao alumnado de 1º de Educación Primaria.

Leu catro contos moi interesantes e con mensaxe pero o que máis éxito tivo foi: "Garbancito" (Garavanciño).


Os complementos do Mandadiño ao longo da semana foron ben divertidos e o alumnado participou de xeito masivo.
Trouxemos algo na cachola e viñemos en pixama e zapatillas.



Tamén trouxemos un mandil de cociña e algo nas mans.



Como colofón desta actividade, viñemos disfrados como nos petou o venres, día 9 de febreiro.
Por mor do adiamento do Desfile de Entroido para o vindeiro venres, día 16 de febreiro, tivemos unha pequena festa con música no ximnasio e un desfile totalmente improvisado con baile por parte das rapazas de 4º de Educación Primaria.


Para rematar, deixamos a canción que empregaremos no Día de Rosalía o vindeiro venres, 23 de febreiro.
Trátase do poema "Tecín soia a miña tea" que Rosalía  publicou no libro "Follas Novas" (1880).
A música corresponde a Guadi Galego, Antón Seoane e ao pianista Abe Rábade.


Aquí temos a versión que nós faremos con guitarra adaptada á nosa tesitura vocal.