No Carballal, celebrámolo o mércores, 31 de xaneiro, por mor dunha saída que tivo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria o día anterior ao Teatro Afundación.
Acudiron a Pontevedra para gozar coa obra "Help! Trouble in the jungle".
O alumnado de 6º de Educación Primaria leu un manifesto en favor da paz.
Interpretamos ao vivo a canción "Ficar durmido".
Para rematar este acto común, as nenas de 4º de Educación Primaria, fixeron unha coreografía da paz coa canción "Bajo el mismo sol".
O pasado luns, 29 de xaneiro, comezamos as sesións de "Lectura e familias" deste curso na biblioteca.
Estivo dirixida ao alumnado de 1º de Educación Primaria coa nai de Artai que leu o conto "Mi mamá es verde y mi vecino naranja".
O pasado martes, 30 de xaneiro, á tardiña, acudiron as familias de Educación Infantil ao colexio para desfrutar dun Obradoiro de disfraces na Aula STEAM.
Colaboraron na elaboración dos disfraces dos seus fillos e fillas que este ano irán de médicos.
Traballaron arreo e aproveitaron para coñecerse un pouco máis nesta xornada de convivencia.
Rafa, Policía Nacional, deu unha charla na Escola de Familias (o martes pola mañá e pola tarde) sobre os riscos de internet nos seus fillos e ensinoulles a empregar aplicacións de control parental.
Foi no Departamento de Orientación e na biblioteca.
O venres, 2 de febreiro, continuou as sesións de sensibilización co alumnado de 5º de Educación Primaria.
Por outra banda, temos xa pendurada a canción de Entroido deste curso cunha versión de Loco Mía.
Podedes aprendela premendo nesta ligazón pois, a semana que vén, gravarémola coas vosas voces.
O título é "Healthy lifestyle" e agardamos que vos guste... nela aparecen todos os disfraces deste Carnaval.
Para rematar, o alumnado de 3º de Educación Primaria, fixo unha serie de pases para todo o alumnado no recuncho de Tambo da obra de teatro relacionada co Día da Paz que prepararon: "Un gorro colorado".
Inspiráronse nun conto do seu libro de Lengua Castellana e elaboraron un guión propio en galego.
Podedes mirala aquí!!!