viernes, 26 de enero de 2024

RESIDUOS CON_CIENCIA - SAÍDA AO MESTRE LANDÍN - DÁLLE AO COCO - NORMAS DO BIBLIOPATIO - CARTAZ DO ENTERRO DA SARDIÑA - XORNADAS DE PORTAS ABERTAS - CANCIÓN DE ENTROIDO

O pasado luns e martes, 22 e 23 de xaneiro, continuamos coa actividade "Residuos con-ciencia" no Carballal.


Foi na biblioteca e estivo dirixida, nesta ocasión, ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.


Falaron sobre compostaxe dun xeito divertido: residuos orgánicos, bechos que descompoñen os residuos, fabricación dun composteiro caseiro, etc.


O xoves, 25 de xaneiro, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo unha saída ao IES Mestre Landín para coñecer as súas instalacións por se deciden cursar alí 1º de ESO o vindeiro ano.


Por certo. se estades ben atentos, poderedes atopar nas columnas dos patios os novos problemas do "Dálle ao coco" de xaneiro.


Temos xa os gañadores dos meses de novembro e decembro... parabéns aos afortunados/as!!!



Como sabedes, dende o pasado venres, 19 de xaneiro, comezaron as sesións de BiblioPatio.
Deixámosvos aquí as normas para facer un emprego correcto desta actividade.


Por outra banda, queremos felicitar a Alba Rosales (4º de Educación Primaria) por acadar un áccesit no Concurso de Cartaces do Enterro da Sardiña organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
A entrega de premio será a vindeira tarde do martes, 30 de xaneiro, no propio Ateneo.
Parabéns, moza, por este estupendo traballo!!!

Queremos informarvos tamén, que o vindeiro 30 de xaneiro e o 20 de febreiro, pola tardiña, teremos as Xornada de Portas Abertas no Carballal para todos aqueles que queiran visitar o noso centro e formalizar matrícula o curso que vén.


Para rematar, penduramos a ligazón da canción que imos versionar para o Entroido 2024.
Trátase dun hit dos anos 80 do grupo Locomía.
En breve, poderémola aprender.