Ola tambeir@s!
Agardamos que esas cabeciñas estén moi relaxadas logo das vacacións de Nadal, tal e como vos indicamos na panxoliña sorpresa que vos cantamos os profes e profas no festival, e que teñades a pila ben cargada para pasar un segundo trimestre xenial.
Dásmosvos a benvida co resumo de tres actividades que levamos a cabo esta semana no Carballal... e tamén cunha pequena sorpresa!!!
Durante a mañá do mércores día 10 e a do xoves, día 11 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil tivo unha sesión ben interesante na aula e mais no escenario do ximnasio.
Tratouse de "Peke Recicla", na que por medio de xogos ben divertidos, aprendemos a facer unha reciclaxe responsable e axudar a coidar o noso planeta, a nosa contorna.
Trátase dunha ensinanza que ten moito que ver co PDI deste curso: "Pídecho o corpo - Healthy lifestyle".
Na mañá do xoves 11 e a do venres, 12 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria aprendeu as normas dun xogo popular moi divertido que estivo relacionado coa compostaxe e a reciclaxe.