O pasado xoves, 21 de decembro, foi o colofón das actividades relacionadas co Nadal do Carballal.
Fixemos unha Festa de Fin de Ano por anticipado e papamos un gusaniño con cada badalada.
Viñemos vestidos de gala e sacamos instantáneas no photocall.
Enviamos cartas a nenos/as doutros coles, tivemos festuqui nas aulas e un gran baile anegado de música no ximnasio e nos patios exteriores.
Houbo tres actuacións especiais: acrosport (alumnado de 5º de Educación Primaria), coreografía da canción "Jingle bells rock" (alumnado de 4º de Educación Primaria) e a interpretación ao vivo dunha panxoliña por parte dos mestres e mestras que fala do PDI anual "Pídecho o corpo - Healthy lifestyle" (no vídeo resumo poderedes escoitar a súa gravación en estudio desta versión da canción "Pídechas o corpo" de Ana Kiro).
Coma sempre, o colexio estivo decorado pero, o mellor, foi o Belén Deportivo que argallamos entre todos/as.
Despedimos tamén con moita pena á mestra Sonia e ao mestre Pedro... que vos vaia moi ben nos novos destinos!!!
Aquí tedes un vídeo-resumo da xornada que agardamos sexa do voso agrado e reflicta o ben que o pasamos, tambeiros/as!!!
Desexamos que pasedes unhas boas vacacións coas vosas familias logo deste trimestre tan longo... e que aproveitedes para ler arreo e descansar.
Bo Nadal e feliz ano 2024!!!
Vémonos en xaneiro...