lunes, 30 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS - PRESENTACIÓN DO PDI 2023/2024

O pasado martes, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas.

No colexio celebrámolo o luns, 30 de outubro, cunha actividade común moi especial que aproveitamos para reabrir o recuncho de Tambo.


Os axudantes de biblioteca (6º de Educación Primaria) prepararon unha representación con música e movemento na que nos presentaron o PDI deste curso nunha actuación para todo o alumnado no ximnasio. 

A súa temática, plasmada nun fermoso tríptico, trata do coidado do corpo, da mente e da contorna.


Agora fáltanos crear un título para ese proxecto.

Podedes inventalo e darllo á vosa titora... e os tres mellores de cada clase serán depositados no buzón de suxerencias.

Elixiremos o que máis o represente e o seu autor/a levará un premio... así que animádevos a participar!

Ao longo da mañá visitamos a biblioteca, na que nos indicaron as normas a seguir e déronnos o novo carnet que ten un formato ben chulo.





Este ano, como novidade, teremos un recuncho creativo ateigado de xogos cos que poderemos facer vídeos nos iPads, traballar con realidade aumentada, seguir pescudas para contestar preguntas misteriosas, etc.



Estará coordinado polo profe Lucas e a profa Patricia por se precisades axuda.



Deixámosvos o vídeo-resumo da xornada que agardamos sexa do voso agrado tambeiros/as!!!

viernes, 27 de octubre de 2023

SAMAÍN 2023 - PREMIO ASTRID LINDGREN

O pasado venres, 27 de outubro, cuns días de anticipo, festexamos o Samaín no Carballal.

O colexio ateigouse de disfraces terroríficos, merendas diabólicas, decoración de medo e unha exposición de cabazas saudables que nos deixaron abraiados.

Sabedes cal é a orixe desta festa?



Tambo propúxonos tamén dende a biblioteca, unha chea de contos de medo que se colocaron nun andel especial.

Como todos os anos, tivemos o túnel do terror, argallado pola ANPA "Viñas Blancas" e que este ano tivo unha temática de paiasos.



O vídeo-resumo desta actividade poderemos visualizalo o vindeiro 10 de novembro pois, vai ser unha peza conxunta co do Magosto... o alumnado de 3º de Educación Primaria, na materia de Ciencias Naturais, está adaptando un famoso hit dos anos 80 ("Beat it" de Michael Jackson) para a ocasión: "SaMagosto".

Mentres, podedes gozar co do pasado curso, no que o cole cumpría 50 anos.


Xa pola tardiña, o alumnado puido gozar na festa que a ANPA celebrou, chea de actividades divertidísimas como o truco ou trato!


Como novidade, o martes, 31 de outubro, tivemos a proxección e gala de entrega de galardóns das curtas de medo enviadas ao concurso que propuxo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega no ximnasio para todo o alumnado que quixo asistir.


Houbo premios en diferentes categorías e os afortunados/as recibiron un trofeo e un diploma.
Animádevos a participar o ano que vén rapazada!!!


Aquí tedes os gañadores...
Parabéns a todos/as!!!










E aquí podedes visualizar as oito curtas que teñen unha grande calidade artística... que medo!!!


Para rematar queremos informarvos que a nosa madriña, Fina Casalderrey, vén de ser nominada a un novo premio de ámbito internacional, o Astrid Lindgren 2024.

Como sabedes, tamén está nominada ao premio Hans Christian Andersen 2024 (o Nobel da Literatura Infantil).

Deixámosvos un dos seus poemas de medo musicado.

Boa finde Tambeiros/as!!!

viernes, 20 de octubre de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS - ESPECTÁCULO "MATEMAXIA" E "MAXIA Vs CIENCIA" - CESTAS SAUDABLES CO PLANETA (MAGOSTO)

Os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, botaron a andar este venres, 20 de outubro, as tradicionais mochilas viaxeiras.


As axudantes de biblioteca (alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria) repartíronnas polas aulas explicando o procedemento de emprego.


Cada neno/a pode levala á súa casa durante un período de tempo dunha semana e debe devolvela no mesmo estado.

Este ano móstranse cun formato de bolsa diferente que leva o logo da Real Academia Galega por mor da nosa participación no proxecto "Primavera das Letras".


No seu interior atoparedes cinco libros con diferentes temáticas que agardamos sexan do voso agrado.

Tamén hai un caderno no que aparece o contido da mochila, as normas e un apartado para que escribades a vosa opinión.



Como novidade, atoparedes un libro que podedes usar coa vosa familia que está relacionado co PDI que desenvolveremos este curso.
No seu interior existen códigos QR que nos levan a audios interesantes que nos axudarán a relaxarnos e meditar.


Agardamos que gocedes coa lectura no voso fogar e cumprades as normas das mochilas viaxeiras tambeiros/as!!!

O pasado luns, 16 de outubro, tivemos unha actividade moi interesante no Carballal a cargo do Mago Paco.


Desenvolveuse na Aula STEAM e na Biblioteca do centro e estivo destinada ao alumnado do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.


A través da maxia, aprendemos moitísimo sobre matemáticas e ciencia.


Poderiamos contarvos moitas cousas máis... pero preferimos agardar a que esté editado o vídeo profesional que nos vai enviar o Mago Paco en breve e que penduraremos nesta mesma entrada do blog!!!
Mentres, podedes visualizar esta actuación que nos fixo en 2018.


Para rematar, queremos informarvos que o vindeiro venres, 10 de novembro, véspera de San Martiño, celebraremos o Magosto no colexio.
Aquí podedes visualizar o que argallamos o pasado ano.


As cestas para depositar as castañas deste ano deberán estar relacionadas co coidado da Terra.
Preparade as vosas cestas saudables co planeta a partir de material reciclable e presumide delas coma todos os anos pois, sempre aparece algunha verdadeira obra de arte!!!

miércoles, 11 de octubre de 2023

VISITA DA BANDA "MUSIMARÍN" - CONCURSO DE CURTAS DE MEDO E EXPOSICIÓN DE CABAZAS SAUDABLES - SESIÓN DE IOGA

O pasado martes, 10 de outubro, tivemos unha actividade musical no ximnasio do Carballal para todo o alumnado, dividida en dous pases por grupos de idade.

Visitounos a Banda de Música de Marín (MusiMarín), unha asociación cultural sen ánimo de lucro na que podedes inscribirvos para aprender a tocar un instrumento e gozar coa música.


Tedes máis información na seguinte ligazón:

Ensináronnos algúns instrumentos da familia de vento (madeira e metal), da familia de percusión e da familia de corda fretada.


O noso alumno de 6º de Educación Primaria, Gael, forma parte de MusiMarín tocando o óboe.

Aprendemos que coa música podemos coidar o noso corpo pero, sobre todo, a nosa mente...

Encantounos o moderno repertorio que interpretaron e queremos darlles as grazas pola velada con este vídeo-resumo.

O ano pasado tivemos tamén a visita da Banda da Escola Naval Militar de Marín que está formada por músicos profesionais!!!

Aproveitando o fío musical desta entrada do blog, deixámosvos a Martín, alumno de 1º de Educación Primaria, tocando a pandeireta... é todo un fenómeno!!!


Por outra banda queremos informarvos que o vindeiro venres, 27 de outubro, celebraremos o Samaín no colexio.

Este ano, temos unha novidade: un concurso de curtas de medo!!!

Aquí tedes toda a información (no caso de non poder facelo por outro medio, podedes traer o vídeo nun pendrive):

Como todos os anos, teremos tamén a nosa exposición de cabazas a partir do 25 de outubro, baixo a temática "cabazas saudables".

Mirade a festa que montamos o pasado curso!!!


Dádelle voltas á vosa creatividade e animádevos a participar tambeiros/as!!!


Para rematar, o pasado venres, 6 de outubro, houbo unha sesión de ioga no colexio.



Realizouse co alumnado de 2º de Educación Primaria e comezaron falando da súa orixe.



Impartiuna Sara (titulada na materia) e a súa axudante, Ilde... ámbas familiares da profa Carmen.



Aprenderon a facer o saúdo e a despedida, fixeron un conto motor con posturas de relaxación... e a algúns, tamén lles pintaron o terceiro ollo!!!



Outra actividade fantástica para coidar a nosa mente!!