O pasado martes, 10 de outubro, tivemos unha actividade musical no ximnasio do Carballal para todo o alumnado, dividida en dous pases por grupos de idade.
Visitounos a Banda de Música de Marín (MusiMarín), unha asociación cultural sen ánimo de lucro na que podedes inscribirvos para aprender a tocar un instrumento e gozar coa música.
Ensináronnos algúns instrumentos da familia de vento (madeira e metal), da familia de percusión e da familia de corda fretada.
O noso alumno de 6º de Educación Primaria, Gael, forma parte de MusiMarín tocando o óboe.
Aprendemos que coa música podemos coidar o noso corpo pero, sobre todo, a nosa mente...
Encantounos o moderno repertorio que interpretaron e queremos darlles as grazas pola velada con este vídeo-resumo.
O ano pasado tivemos tamén a visita da Banda da Escola Naval Militar de Marín que está formada por músicos profesionais!!!
Aproveitando o fío musical desta entrada do blog, deixámosvos a Martín, alumno de 1º de Educación Primaria, tocando a pandeireta... é todo un fenómeno!!!
Por outra banda queremos informarvos que o vindeiro venres, 27 de outubro, celebraremos o Samaín no colexio.
Este ano, temos unha novidade: un concurso de curtas de medo!!!
Aquí tedes toda a información (no caso de non poder facelo por outro medio, podedes traer o vídeo nun pendrive):
Como todos os anos, teremos tamén a nosa exposición de cabazas a partir do 25 de outubro, baixo a temática "cabazas saudables".
Mirade a festa que montamos o pasado curso!!!
Dádelle voltas á vosa creatividade e animádevos a participar tambeiros/as!!!
Para rematar, o pasado venres, 6 de outubro, houbo unha sesión de ioga no colexio.
Impartiuna Sara (titulada na materia) e a súa axudante, Ilde... ámbas familiares da profa Carmen.
Aprenderon a facer o saúdo e a despedida, fixeron un conto motor con posturas de relaxación... e a algúns, tamén lles pintaron o terceiro ollo!!!
Outra actividade fantástica para coidar a nosa mente!!