O pasado martes, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas.
No colexio celebrámolo o luns, 30 de outubro, cunha actividade común moi especial que aproveitamos para reabrir o recuncho de Tambo.
Os axudantes de biblioteca (6º de Educación Primaria) prepararon unha representación con música e movemento na que nos presentaron o PDI deste curso nunha actuación para todo o alumnado no ximnasio.
A súa temática, plasmada nun fermoso tríptico, trata do coidado do corpo, da mente e da contorna.
Agora fáltanos crear un título para ese proxecto.
Podedes inventalo e darllo á vosa titora... e os tres mellores de cada clase serán depositados no buzón de suxerencias.
Elixiremos o que máis o represente e o seu autor/a levará un premio... así que animádevos a participar!
Ao longo da mañá visitamos a biblioteca, na que nos indicaron as normas a seguir e déronnos o novo carnet que ten un formato ben chulo.
Este ano, como novidade, teremos un recuncho creativo ateigado de xogos cos que poderemos facer vídeos nos iPads, traballar con realidade aumentada, seguir pescudas para contestar preguntas misteriosas, etc.
Estará coordinado polo profe Lucas e a profa Patricia por se precisades axuda.