O pasado venres, 27 de outubro, cuns días de anticipo, festexamos o Samaín no Carballal.
O colexio ateigouse de disfraces terroríficos, merendas diabólicas, decoración de medo e unha exposición de cabazas saudables que nos deixaron abraiados.
Sabedes cal é a orixe desta festa?
Tambo propúxonos tamén dende a biblioteca, unha chea de contos de medo que se colocaron nun andel especial.
Como todos os anos, tivemos o túnel do terror, argallado pola ANPA "Viñas Blancas" e que este ano tivo unha temática de paiasos.
O vídeo-resumo desta actividade poderemos visualizalo o vindeiro 10 de novembro pois, vai ser unha peza conxunta co do Magosto... o alumnado de 3º de Educación Primaria, na materia de Ciencias Naturais, está adaptando un famoso hit dos anos 80 ("Beat it" de Michael Jackson) para a ocasión: "SaMagosto".
Mentres, podedes gozar co do pasado curso, no que o cole cumpría 50 anos.
Para rematar queremos informarvos que a nosa madriña, Fina Casalderrey, vén de ser nominada a un novo premio de ámbito internacional, o Astrid Lindgren 2024.
Como sabedes, tamén está nominada ao premio Hans Christian Andersen 2024 (o Nobel da Literatura Infantil).
Deixámosvos un dos seus poemas de medo musicado.
Boa finde Tambeiros/as!!!