Esta semana tivemos no Carballal catro actividades relacionadas co Nadal.
A primeira delas foi o pasado venres, 15 de decembro, durante a mañá.
O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria acudiu en bus á Oficina de Correos para enviar a súa carta aos Reis Magos.
Aproveitaron a saída para viaxar no carrusel que hai na Alameda, logo da merendola que zamparon pola zona.
Esa mesma tarde celebrouse o Festival de Nadal organizado pola ANPA "Viñas Blancas".
Houbo unha chea de cousas: visita de Papá Noel, actuación das Actividades Extraescolares, o Mago Paco... e moita decoración!!!
A rapazada pasouno estupendamente e houbo unha gran afluencia de xente.
O sábado, 16 de decembro, na Alameda de Marín, tivemos unha nova actividade.
Consistiu no Mercadillo de Nadal organizado polo Concello cada ano, ao que acuden as ANPAS para recaudar fondos que permitan facer as súas iniciativas.
Nel participan todos os colexios do municipio e tamén acudiu a Alcaldesa, María Ramallo.
A rapazada tamén vendeu unha chea de obxectos decorativos artesanais para recaudar fondos para a excursión de 6º de Educación Primaria.
Un dos obxectos estrela foron os xabróns que fabricaron a man o pasado xoves, 14 de decembro, no colexio, grazas á axuda de varias nais do alumnado.
A última actividade navideña foi o pasado domingo, 17 de decembro, e estivo organizada pola ANPA.
Para rematar, tivemos tamén dúas charlas ben interesantes o pasado luns, 11 de decembro.
Unha delas foi sobre ciberacoso, correspondente ao Plan Director.
Estivo dirixida, nesta ocasión, ao alumnado de 5º de Educación Primaria por parte da Policía Nacional e foi na propia aula.
A segunda foi sobre xadrez e estivo dirixida a todo o alumnado de Educación Primaria no ximnasio e na biblioteca.
Acudiron ao colexio dous membros do Club Xadrez Marín (Benjamín e Miguel) para contarnos as vantaxes desta disciplina, tamén considerada deporte, que axuda a coidar a nosa mente.
A actividade está promocionada polo Concello de Marín.
Voltaron o mércores, 13 de decembro, para facer unha actividade cos gañadores das primeiras roldas do torneo que estamos a celebrar no colexio e así explicar algunhas xogadas estratéxicas e principios básicos.
Deron uns diplomas aos participantes.
Chegaron a xogar con cinco alumnos/as á vez e pasámolo realmente ben, pois o xadrez, é unha disciplina moi divertida que expande a nosa intelixencia.