viernes, 23 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA - FESTA DE ENTROIDO DA ANPA "VIÑAS BLANCAS" - OUTRAS NOVAS

O pasado venres, 23 de febreiro, festexamos o Día de Rosalía no Carballal coincidindo co 187 aniversario do nacemento desta prestixiosa poetisa das nosas letras.



Os axudantes de biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron un recital musical na súa honra na biblioteca en cinco pases e tamén tivemos unha búsqueda de pescudas no interior do colexio con retos matemáticos e de habilidade motriz para atopar o tesouro rosaliano.





Pasámolo moi ben e... o máis importante: aprendemos xogando unha chea de cousas sobre Rosalía de Castro!!!




Aquí tedes o vídeo-resumo da xornada.


O martes, 20 de febreiro, á tardiña, foi a Festa de Entroido da ANPA "Viñas Blancas".


Houbo un montón de actividades, obradoiros, música, premios e como non, disfraces.


Esa mesma tarde foi a segunda Xornada de Portas Abertas.

O xoves, 22 de febreiro, o alumnado de 1º e 5º de Educación Primaria asistiu a unha charla sobre saúde bucodental (Sonríe sen medo!) que nos axudará a coidar o noso corpo.


Foi na biblioteca e correu a cargo do Doutor César Barreiro e á súa axudante que traballan no Centro de Saúde de Marín.

Ao rematar déronnos un cepillo de dentes e un diploma.



Continuando co Programa "Lectura e Familias" gozamos con dúas actuacións ben interesantes esta semana.

O luns, 19 de febreiro, asistiu ao colexio Esteban, pai de Grace (4º de Educación Infantil).

Impartiu unha actividade de pilates co alumnado de Educación Infantil no escenario que os deixou ben relaxados e que está moi relacionada co PDI anual.


O venres, 23 de febreiro, Laura, nai de Antón e Breixo Iglesias, asistiu ao cole para lernos uns contos moi fermosos sobre animais e curiosidades dentro do mesmo programa.

O que máis nos gustou foi "El retorno de Villarina".


Foi nunha das aulas e estivo destinado ao alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil.

Aprendemos moito... incluso a razón pola que temos pelos no nariz!!!



Para rematar, deixámosvos a maqueta que este ano enviaremos ao Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que está quedando ben bonitiña!!!