viernes, 9 de febrero de 2024

LECTURA E FAMILIAS - SEMANA DO MANDADIÑO - CANCIÓN A ROSALÍA DE CASTRO

Esta semana continuamos cunha sesión do programa "Lectura e Familias" deste curso con Paula, nai de Iago e Pablo Vilas.


Foi o pasado xoves, día 8 de febreiro, na biblioteca e estivo dirixida ao alumnado de 1º de Educación Primaria.

Leu catro contos moi interesantes e con mensaxe pero o que máis éxito tivo foi: "Garbancito" (Garavanciño).


Os complementos do Mandadiño ao longo da semana foron ben divertidos e o alumnado participou de xeito masivo.
Trouxemos algo na cachola e viñemos en pixama e zapatillas.



Tamén trouxemos un mandil de cociña e algo nas mans.



Como colofón desta actividade, viñemos disfrados como nos petou o venres, día 9 de febreiro.
Por mor do adiamento do Desfile de Entroido para o vindeiro venres, día 16 de febreiro, tivemos unha pequena festa con música no ximnasio e un desfile totalmente improvisado con baile por parte das rapazas de 4º de Educación Primaria.


Para rematar, deixamos a canción que empregaremos no Día de Rosalía o vindeiro venres, 23 de febreiro.
Trátase do poema "Tecín soia a miña tea" que Rosalía  publicou no libro "Follas Novas" (1880).
A música corresponde a Guadi Galego, Antón Seoane e ao pianista Abe Rábade.


Aquí temos a versión que nós faremos con guitarra adaptada á nosa tesitura vocal.