O pasado venres, 16 de febreiro, celebramos o Entroido no Carballal baixo o himno dunha versión de LocoMía relacionada co PDI, gravada por alumnos e alumnas de cursos variados que leva por título: "Healthy lifestyle".
Tivemos unha degustación de doces típicos desta época do ano (filloas, orellas, rosquillas, flores de carnaval, etc) e logo un gran desfile pola contorna do centro con: médicos (Educación Infantil), froitas (1º de Primaria), hortalizas (2º de Primaria), indios da tribo do corazón (3º de Primaria), xente zen (4º de Primaria), personaxes de humor para salvar o mundo (Mortadelo e Filemón, 5º de Primaria) e reciclaxe para coidar a natureza (6º de Primaria).
Para rematar, tivemos acrosport/ximnasia rítmica e unha festa rachada con moita música e coreografías argalladas polo alumnado que se enfrontaron nunha batalla de baile con moitos premios.
Pasámolo realmente ben tal e como podedes comprobar no vídeo-resumo da xornada.
O xoves, 15 de febreiro, houbo dúas actividades ben interesantes pertencentes ao programa "Lectura e familias".
A primeira delas estivo destinada ao alumnado de 5º de Educación Primaria na biblioteca con Lorena, nai de Hugo e Alma Cao.