viernes, 1 de marzo de 2024

LECTURA E FAMILIAS - ACTIVIDADE DEPORTIVA "XOGADE" - ESCOLA DE FAMILIAS - LIGA MULTIDEPORTE - VIDEOCHAMADA - PUNTO LARANXA

Esta semana houbo tres intervencións no Carballal para o Programa "Lectura e Familias".

A primeira delas foi o pasado luns, 26 de febreiro, na biblioteca para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.


Asistiu Rebeca, nai de Lucas e Elsa Buceta (5º e 4º de Educación Primaria), para darnos unha charla sobre formación cívico-tributaria.


Foi moi interesante saber por e para que pagamos impostos e alucinamos coa cantidade de servizos públicos que existen.

Esta charla tamén pertence a un programa de formación da Axencia Tributaria, onde traballa Rebeca.


A segunda foi o pasado mércores, 28 de febreiro, na biblioteca.


Asistiu Johanna Carolina, nai de Alejandro Bangueses (6º de Educación Infantil) para contar uns contos á rapazada dese grupo... gustounos tanto que ata lle demos un pequeno agasallo!!!



A terceira foi o venres, 1 de marzo, na biblioteca con Yésica, nai de Alicia e Alba Area.


Estivo destinada ao alumnado de 3º de Educación Primaria e leunos un conto ben interesante ("Las elecciones de los animales") que conectou coas eleccións democráticas e na que incluso votamos.



O martes, 27 de febreiro, tivemos unha nova sesión da "Escola de Familias" en dúas quendas: mañá (09:30 a 11:00) e tarde (16:30 a 18:00) na que abordamos estratexias para mellorar a comunicación dentro do seo familiar.


O mércores, 28 de febreiro, o alumnado de 4º de Educación Primaria foi a San Pedro para participar nunha actividade de deporte escolar "Xogade" xa que nolo pedía o corpo!!!


Tivemos grandes resultados e pasámolo xenial coas distintas modalidades de atletismo (carreiras, saltos, lanzamentos, etc) pois no Carballal: "Healthy lifestyle".



O alumnado de 6º de Educación Infantil fixo esta semana unha videoconferencia con alumnado do Sequelo, centro no que este curso imparte clase Laura, a súa profe de apoio do ano pasado.


A actividade está proposta polo EDLG e nela intercambiaron opinións en galego sobre as actividades comúns deste trimestre (Día da Paz, Día de Rosalía, Entroido, etc).


Queremos informarvos tamén que dende hoxe existe no Carballal o punto laranxa contra o acoso e ciberacoso escolar, no que podedes acceder premendo na seguinte imaxe e deixar a vosa mensaxe se é o caso.


Para rematar, queremos informarvos que, en breve, teremos unha Liga Multideporte no Carballal organizada polos mestres de Educación Física.
Aquí podedes ver o cartaz da actividade coas normas de participación.


Xa sabedes tambeiros/as, creade un equipo e deixade a vosa proposta no buzón que atoparedes na entrada do ximnasio.