viernes, 30 de enero de 2026

DÍA DA PAZ 2026 - ANO CASTELAO - ACTIVIDADES NA COCIÑA

O pasado venres, 30 de xaneiro, celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" e o 140 aniversario do nacemento de Castelao no Carballal.


Elaboramos unha chea de receitas anegadas de amor en cada aula e pendurámolas nun dos andares do cole, como proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.



Logo da lectura dun manifesto pacífico ben soboroso por parte de Carlota e Noa (6º de Educación Primaria), tamén cantamos todos xuntos ao vivo, no ximnasio, a canción "Cociña paz" (versión de "Time after time" de Cyndi Lauper), elaborada polo alumnado de 5º de Educación Primaria na materia de Proxecto Competencial.



Aínda que con algo de retraso, celebramos o Ano Castelao (2025) coa representación dunha adaptación dun anaco da súa obra teatral máis chula: "Os vellos non deben de namorarse".

En breve, gravarémola en vídeo para enviar ao Salón do Libro de Pontevedra deste 2026.


Desenvolveuse na biblioteca en tres pases diferenciados por franxas de idade e encantounos o atrezo minimalista, o vestiario e o cartaz publicitario con reproducións de ilustracións do libro orixinal feitas pola profa Rosa.




Os actores e actrices foron nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria aos que queremos dar os nosos parabéns polo éxito e porque... traballaron arreo durante moitos recreos coa profa Chus!!!



Ao finalizar, uns solistas (Diana, Amín, Leia, Izhar e Álex), cantaron a canción "Lela" e puidemos acompañalos no retrouso pois, aparece nesa obra de teatro!!!




Para rematar, tivemos dúas actividades de cociña durante a semana enmarcadas no programa "Lectura e Familias".

O alumnado de Educación Infantil gozou con contos e a elaboración de comida saudable cos pais de Lucas e David.

A madrastra de Martín presentou para o alumnado de 1º de Educación Primaria o libro: "Imos facer unha torta".


Trouxo tamén unha chea de actividades divertidas relacionadas coa cociña.


E... o alumnado de 6º de Educación Primaria fixo unhas madalenas que estaban ben ricas!!!


Boa finde, tambeiros/as!!!

viernes, 23 de enero de 2026

LECTURA E FAMILIAS - SAÍDA AO MESTRE LANDÍN - COIDA O TEU LOMBO

Esta semana tivemos moito contacto co IES "Mestre Landín" pois é o noso centro adscrito.

A rapazada de 6º de Educación Primaria puido coñecelo de dúas formas: in situ, o xoves; e por medio dunha reunión dos seus profesores, o martes pola tarde na biblioteca.


Os nenos e nenas de 3º e 6º de Primaria, aprendemos tamén a coidar a saúde do noso lombo grazas a Fátima que, como todos os anos, acudiu ao cole para concienciarnos... xa sabedes: menos prato e máis zapato!!!


A actividade máis destacada foi a primeira sesión deste curso do programa "Lectura e Familias".

Foi na biblioteca e nela gozou todo o alumnado de Educación Infantil.

A nai de Xulia acudiu o xoves coa súa amiga Laura para presentarnos o seu primeiro libro infantil: "Elefante y Tigre".

Agasallounos con pegatinas que nos encantaron... grazas pola visita!!!


Nos polos creativos da semana tivemos moita construción e lettering.



Mirade que chulada!!!


Boa fin de semana!!!

Agardamos que ensaiedes moito a canción "Cociña Paz" para o vindeiro venres, tambeiros!!!

viernes, 16 de enero de 2026

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE - COÑECENDO O IES "MESTRE LANDÍN" - ACTIVIDADES CULINARIAS - POLOS CREATIVOS - XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Esta semana tivemos dúas actividades na cociña pois, este curso, debemos salpimentar o noso maxín!!!


A primeira foi o pasado martes, 13 de xaneiro, e nela, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, argallaron unha deliciosa empanada cos pais de Xulia.
A rapazada de 5º de Educación Primaria tamén fixo un pastel típico francés coa profa Mariña que tiña un boneco no interior, ao estilo do roscón de Reis...


Na mañá do xoves, os nenos de 6º de Educación Primaria, coñeceron o funcionamento do IES "Mestre Landín" grazas á visita da súa Orientadora acompañada de exalumnos do Carballal.


Lembramos tamén que teremos a primeira Xornada de Portas Abertas deste curso o vindeiro martes, 27 de xaneiro, á tardiña.


Por outra banda, os nenos de 2ºB de Educación Primaria gozaron na biblioteca coas actividades de construción no marco dos Polos Creativos da semana.


Para rematar, informamos que o vindeiro 30 de xaneiro, ademais da celebración do Día da Paz, gozaremos da adaptación dun anaco da obra de teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: "Os vellos non deben de namorarse".
Farémolo co gallo do 140 aniversario do nacemento do famoso autor.
Será interpretada por alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no recuncho de Tambo (faremos 3 pases por franxas de idade) e con ela cantaremos a canción que aprendemos no 1º trimestre: "Lela".

viernes, 9 de enero de 2026

COCIÑA PAZ

Boas, tambeiros/as!!!

Agardamos que as vacacións de Nadal serviran para descansar e para xogar moito.

Agora toca comezar un novo trimestre e farémolo cociñando paz de xeito musical.

O alumnado de 5º de Educación Primaria, na materia de Proxecto Competencial, argallou unha letra pacífica versionando a canción de Cyndi Lauper: "Time after time".


Aquí tedes un karaoke interpretado pola profa Natalia para que a aprendamos todos/as e podamos cantala ao vivo o vindeiro 30 de xaneiro: "Día Escolar da Non Violencia e a Paz".