Como sabedes, o traballo presentado foi: "Fals'e traedor".
Podedes ver máis información na seguinte ligazón, onde nuns días, estarán pendurados os vídeos gañadores:
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X27614/ies-francisco-asorey-ceip-carballal-fanse-cos-primeiros-premios-certame-vindevideos
O premio consiste nunha cámara de vídeo, un facsímile do Pergamiño, un diploma, unha visita para visualizar o Vindel e unha excursión á illa de San Simón.
A entrega de premios será no mes de febreiro nun acto oficial que se celebrará no Museo do Mar de Galicia (Vigo).
Mandamos dende o recuncho de Tambo, mil parabéns a todo o Carballal e en especial, ao alumnado de 5º de Primaria.
Deixamos unhas fermosas imaxes do marco no que se gravou esta curta, realizadas polo profe Yeray, a través do seu dron.