viernes, 16 de noviembre de 2018

CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ: "A CAPIROTA"

O vindeiro 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, como cadra en domingo, traballaremos esta temática no cole o venres día 23.
Xa que o PDI de este curso trata da nosa vila, centraremos o evento na figura dunha muller marinense, nai solteira de 29 anos, sen afiliacións políticas ou sindicais, que en agosto de 1936 foi violada, torturada e asasinada no "Pozo da Revolta" a mans dunha manda de homes, entre os que estaba o capitán Bruno Schweiger.


Esa muller era a lavandeira e costureira, Carmen Pesqueira Domínguez, máis coñecida como "A Capirota".


Existe unha plaza na nosa vila que leva o seu nome e que nós recreamos no colexio.


A súa historia vai ser narrada por Claudina, compoñente de "Espazo feminista Marín", que aceptou amablemente, a nosa invitación.

Na recreación desa plaza, poderedes deixar: propósitos escritos para o futuro, pareados que a honren, agasallos, mensaxes e todo o que se vos ocurra.



Trataremos tamén a linguaxe inclusiva para non discriminar ás mulleres... xa sabedes, debemos dicir alumnos e alumnas, ou alumnado... pero nunca alumnos, para referirnos a un grupo no que hai tanto homes coma mulleres.

Aquí tedes o resultado final da nosa actividade cun vídeo-resumo da mañá do día 23 de novembro...



Para rematar, deixamos unha foto dos bolis que nos mandou o Concello de Marín para esta data e un videoclip argallado por exalumnos/as hai 4 cursos e que trata a igualdade de xénero: "María e Brais".





Se queredes investigar máis: