sábado, 15 de diciembre de 2018

TREN DE NADAL-MERCADILLO-CURTAMETRAXE

O mércores 12 e o venres 14 de decembro, todo o alumnado do colexio, foi por quendas no Tren de Nadal do Concello de Marín.


Fixeron un percorrido ben interesante e variado que chegou ata a praia de Aguete.
Iso si, algo de friaxe pasamos...


E na tardiña do venres 14 de decembro, o alumnado de 6º de Primaria vendeu multitude de manualidades e obxectos de segunda man no mercadillo que as ANPAS e o Concello de Marín instalaron na carpa da Alameda.
O obxectivo foi recaudar fondos para a excursión de final de curso.
Aproveitamos, como podedes ver, para promocionar o fantástico traballo de investigación que estamos a facer este ano: "Marín, de todo un chisquín".


Para finalizar, queremos informarvos que os nenos e nenas de 6º de Primaria que cursan a materia de Valores, están rematando unha curtametraxe para animar a falar en galego que moi prontiño publicarán na nosa canle de YouTube: "O recuncho de Tambo".
O título vai ser: "Faino en galego".