Un total de 31 nenos e nenas de 4º de Primaria foron de excursión a Cabeza de Manzaneda, entre os días 8 e 10 de xaneiro, acompañados polas profas Paloma e Ana Pérez.
A intención era xogar coa neve pero, non houbo sorte...
Aínda así, desfrutaron moitísimo coa convivencia e facendo unha chea de actividades: vivac, rutas de sendeirismo, parque multiaventura, tiro con arco, piscina, veladas, pelota canadiense e ata discoteca.
Por outra banda, o alumnado de 2º de Primaria realizou un roteiro cultural por Marín na mañá do 14 de xaneiro.
O obxectivo era visitar 10 institucións da nosa vila para contestar logo a unha serie de preguntas.
As institucións foron as seguintes: Museo Manuel Torres, Concello, Xulgados, Policía Local, Policía Nacional, Escola Naval Militar, CIM, Estrela de Marín, Correos e Biblioteca.
Para rematar, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, visualizou unha obra teatral en inglés no Auditorio da Fundación Abanca (Pontevedra) na mañá do 15 de xaneiro.
A obra interpretada pola Compañía "Face to face" foi "Tarzán" e estivo marcada pola interactividade, facendo que algúns actores e actrices foran os propios alumnos e alumnas.