viernes, 23 de diciembre de 2022

NADAL 2022

O pasado xoves, 22 de decembro, celebramos o Nadal no Carballal cunha festa rachada.

Fomos vestidos de gala e festexamos, por anticipado, a chegada do novo ano.

                  

Argallamos un "Belén Futurista", cantamos panxoliñas, bailamos nun guateque, fixemos papadela e tivemos libros de Nadal na biblioteca.

O alumnado de 4º de Educación Primaria, compuxo unha panxoliña baseada na canción "A horse with no name" (América) e o profesorado cantou outra baseada no "Tengo el corazón contento" (Marisol), na que felicitamos ao noso cole polo seu 50 aniversario.


Entregamos cartas elaboradas polo alumnado na Residencia da 3ª Idade de Marín para as persoas maiores que nestas datas poden sentirse soas... unha temática que traballa a nosa madriña de biblioteca, Fina Casalderrey, no seu último relato: "A coidadora de outonos".

Foron entregadas in situ o día de Noiteboa.

Aquí tedes un vídeo resumo que agardamos sexa do voso agrado dunha nova actividade do PDI 2022/2023: "50 anos argallando".

Desexámosvos un moi bo Nadal e próspero ano 2023, tambeiros/as, con esta canción de Nadal composta por unha nena da nosa vila que gañou o concurso da TVG!!!