O vindeiro 16 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas no Carballal cunha chea de actividades: romaría con xogos de feira, canto e baile da canción "Poesía en silencio", lectura dunha biografía de Luísa Villalta, etc.
O profe Lucas tamén está a argallar un baile tradicional coa "Muiñeira de Raquel" para interpretar todos/as xuntos/as.
Aquí a tendes para poder practicala na casa!!!
O pasado mércores, 17 de abril, tivemos unha nova sesión no recuncho de Tambo do programa "Lectura e Familias" destinado ao alumnado de 4º de Educación Infantil coas nais de Alba e Grace como protagonistas.
Contáronnos contos de animais e ao remate fixémoslle un pequeno agasallo!!!
Esa mesma mañá tamén comezou a actividade de Salvamento Acuático destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria na Piscina Municipal que pertence á Área de Educación Física co profe Carlos.
Esta actividade demorouse até agora por mor das obras que se realizaron este curso na instalación e que por fin están rematadas.
O xoves 18 de abril, á tardiña, a ANPA "Viñas Blancas" organizou un evento interesante e divertido no patio exterior.
Tratouse dunha Festa Holi e pasámolo xenial como podedes comprobar nestas instantáneas.
Esa tarde, na Praza da Ferrería de Pontevedra, inaugurouse cunha homenaxe, a exposición á nosa madriña de biblioteca: Fina Casalderrey.
Estará activa até o vindeiro 18 de maio.
O pasado venres, 19 de abril, despedimos á mestra de prácticas de Educación Infantil que pasou unha longa tempada xunto a nós.
Démoslle un fermoso agasallo de agradecemento polo seu labor no centro e collémola por sorpresa...
Ela tamén nos fixo uns regaliños... moita sorte na túa nova andaina, Marta!!!
E para rematar, deixámosvos aquí a canción das Letras Galegas coas vosas voces antes de ter a coreografía e mais o videoclip rematado.