viernes, 10 de abril de 2026

PORTAS POÉTICAS - CLUB DE LECTURA - SAÍDA A APÍPOLIS - CHARLA SOBRE MENORES CONECTADOS - LECTURA E FAMILIAS TRIBUTARIO - ACTIVIDADE XOGADE

Esta semana tivemos a derradeira actividade que organizamos co gallo do Día da Poesía no Carballal.


Trátase das tradicionais "Portas poéticas" e houbo grandes obras de arte plástico-literarias... mirade que marabilla!!!

















O vindeiro venres, 17 de abril, saberemos os gañadores.




Moita sorte a todos os participantes e non teñades medo porque non hai tongo... o xurado está a seguir estes estrictos criterios de avaliación!!!


Por outra banda, houbo Club de Lectura na biblioteca cos nenos e nenas de 5ºB de Educación Primaria.


Traballaron arreo sobre este libro e en breve farán unha actividade común con 5ºA.


O alumnado do 1º Ciclo de Primaria tamén tivo unha saída moi divertida o martes ata ben entrada a tardiña.


Foron a Apípolis e gozaron un mundo aprendendo cousinas sobre as abellas e o mel.


O mércores pola tarde tivemos un obradoiro chachi piruli para familias sobre "Menores Conectados", impartida por persoal da Xunta de Galicia e solicitada pola ANPA "Viñas Blancas".
Tivemos a sorte de que nos escolleran, pois había poucas plazas entre os colexios galegos!!!


No marco do programa "Lectura e Familias", o alumnado de 6º de Primaria, tivo unha charla coa nai de Elsa (traballa na Axencia Tributaria) e aprendemos o importante que é pagar impostos e ser un bo ciudadano.


Para rematar, os cativos de 4º de Primaria tiveron unha actividade XOGADE na mañá do venres con nenos/as doutros centros educativos da nosa vila.


Foi no campo de San Pedro e tivo moito éxito.