O vindeiro venres, 17 de abril, saberemos os gañadores.
Moita sorte a todos os participantes e non teñades medo porque non hai tongo... o xurado está a seguir estes estrictos criterios de avaliación!!!
Por outra banda, houbo Club de Lectura na biblioteca cos nenos e nenas de 5ºB de Educación Primaria.
Traballaron arreo sobre este libro e en breve farán unha actividade común con 5ºA.
Foron a Apípolis e gozaron un mundo aprendendo cousinas sobre as abellas e o mel.
O mércores pola tarde tivemos un obradoiro chachi piruli para familias sobre "Menores Conectados", impartida por persoal da Xunta de Galicia e solicitada pola ANPA "Viñas Blancas".
Tivemos a sorte de que nos escolleran, pois había poucas plazas entre os colexios galegos!!!
Para rematar, os cativos de 4º de Primaria tiveron unha actividade XOGADE na mañá do venres con nenos/as doutros centros educativos da nosa vila.


























