viernes, 15 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS - VISITA DO "RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL" - TEATRO - LECTURA E FAMILIAS - COCIÑA CON LOIRA - "VERSOS QUE FLORECEN"

Esta semana destacou grazas ás actividades argalladas para unha das datas máis importantes do curso: o Día das Letras Galegas.



Como este ano coincidía en domingo (17 de maio), celebrámolo o venres 15 e fixémolo coincidir coa romaría (comidas + xogos) coa que culminaron os "21 días en galego" organizado polo EDLG e coa colaboración da ANPA "Viñas Blancas".



 

Logo fixemos un acto dedicado á homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño, e cantamos a sua canción favorita: o "Alalá das Mariñas" e un bis de "Aí vén o Maio" con Gael e Xoel.



Tamén recibimos a membros do claustro de mestres do Colexio "Ramón Menéndez Pidal" (Torrelavega - Cantabria) que viñeron a coñecer as dinámicas do Carballal (explicadas polo alumnado de 5º) durante o xoves e o venres no marco do programa "Observa_Acción".

Tamén foron entrevistados na nosa canle de radio escolar!!!


Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria gozaron tamén cunha obra de teatro ("A pequena osa quere xogar") na biblioteca por cortesía da Editorial Anaya.


Dentro do programa "Lectura e Familias" recibimos aos pais de Olivia de 2ºA que mostraron o show: "Cociñando contos" (Tarabelos).


Tamén recibimos en 4º de Infantil ao pai de Rubén que nos ensinou a facer brochetas na cociña.



Por outra banda, o alumnado de 6ºB de Educación Primaria tivo unha actividade de cociña co seu titor.



Para finalizar, ese mesmo alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria, tivo unha actividade común na Granxa de Briz con outros centros da nosa vila relacionada coas Letras Galegas que xa vai pola súa segunda edición: "Versos que florecen".

Nela gozaron con unha actuación de "Armadanzas" e cantaron unha canción moi marinense: "O rodaballo".