viernes, 19 de junio de 2026

FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS 2026 - GALA DOS PREMIOS RACE EN MADRID - XOGOS DE AUGA - PECHE DO BLOG

O pasado xoves, 18 de xuño, tivemos o festival de fin de curso durante a mañá, que estivo anegado de baile e ao que asistiron as familias... despedimos tamén aos mestres/as que se van do Carballal.




Á tardiña foron as graduacións do alumnado de 6º de Educación Infantil e de 6º de Educación Primaria que xa van para o instituto e entregáronse os diplomas do voluntariado de biblioteca.




Por unha banda, o mércores foi a gala dos Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Vial "RACE" en Madrid (Academia de Cine) na que levamos o 1º premio con "Mima tu coche" (1000 euros para o cole e un agasallo e diploma para cada participante).



Por outra banda, o venres 19, tivemos xogos de auga para todo o alumnado no exterior e con eles despedimos o curso 2025/2026.


Bueno... tamén cantamos ao vivo "El sitio de mi recreo".


Para rematar, Tambo despídese desta canle de comunicación logo de 620 entradas e 15 anos de andaina.

O 31 de agosto desaparecerá este blog pero... saberedes das cousas do Carballal, doutro xeito!!!

ATA SEMPRE TAMBEIROS/AS E BO VERÁN!!!

viernes, 12 de junio de 2026

EXCURSIÓN DE 6º DE PRIMARIA - OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON DAMIÁN ALONSO

Esta semana, o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a súa excursión de fin de curso coa que se despiden do cole.


 Saíron o martes cara a Cantabria e chegaron o venres á noitiña.


Fixeron surf, visitaron o Parque de Cabárceno, Santander, unhas covas e un museo de dinosaurios.
Acompañounos o profe Loira e as profas Rosa e Celia.


Agardamos que vos quede un bo recordo, tambeiros/as!!!





Por outra banda, tivemos o colofón na biblioteca do programa "Lectura e familias" cun estupendo obradoiro impartido por Damián Alonso o pasado xoves á tardiña.


Estivo dirixido a toda a comunidade educativa e xirou en torno á elaboración de guións e o xeito de contar contos traballando correctamente a voz.

viernes, 5 de junio de 2026

EXPOSICIÓN DO PDI 2025/2026: "SALPIMENTA O TEU MAXÍN" - FINALISTAS NOS PREMIOS RACE - FEIRA DO LIBRO USADO - LECTURA E FAMILIAS - EL SITIO DE MI RECREO

O pasado martes, 2 de xuño, á tardiña, tivemos a exposición ás familias dos proxectos argallados por niveis neste curso 2025/2026.



Gozamos con dúas obras de teatro por parte do alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria como entrante, unha proxección dalgunhas actividades comúns a través de música, patinaxe no exterior, papadela con comidas típicas de diferentes países e moita convivencia anegada de xogos medievais.



Entre os obradoiros máis destacados estivo o de henna... aínda que os houbo de chapas, manualidades (coa colaboración de Tarabelos), etc.

Con esta actividade damos por rematado o proxecto "Salpimenta o teu maxín", tambeiros/as, argallado por toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e ANPA "Viñas Blancas".



Esta semana tamén recibimos unha boa nova no cole: os nenos de 5º de Educación Primaria (Fiz, Gala, Carlota, Xoel Cabido, Aldara e Sara) que fixeron o vídeo "Mima tu coche" son finalistas nos Premios RACE de Seguridade Vial... parabéns!!!


Estas pequenas curtametraxes deben elaborarse, segundo as bases públicas da súa web, en grupos reducidos de entre 3 e 8 alumnos/as e durar un máximo de 1 minuto.
Foi ideada e producida co mestre na materia de Proxecto Competencial e rodada na contorna do colexio polo propio alumnado coa colaboración de Sara.
Aquí tedes o traballo!!!



Estes artistas acudirán á gala de entrega de galardóns a Madrid (Academia de Cine) o vindeiro mércores, 17 de xuño, representando a todo o Carballal e acompañados por dous mestres.
Nela diranlles cal é o seu premio... desexámoslles moita sorte porque hai 1000 euros en xogo para o colexio!!!
Premendo nas seguintes ligazóns podedes visualizar os vídeos que enviamos en edicións anteriores deste concurso nacional, pois participamos dende o seu nacemento.






Por unha banda, no marco do programa "Lectura e Familias", recibimos a familiares de alumnos/as de 2º e 5º de Educación Primaria, durante a mañá do xoves e do venres, para elaborar cookies na cociña e para desenvolver unha actividade en torno ao café na biblioteca.

Por outra banda, o sábado, 6 de xuño, á mañá, foi a Feira do Libro Usado na Alameda "Rosalía de Castro" que organizan os centros educativos da vila dende os Equipos de Biblioteca, as ANPAS e o Concello de Marín.





Para rematar, deixamos o karaoke do derradeiro tema musical que aprenderemos este curso para interpretar todos xuntos ao vivo no Festival do día 18 de xuño.
Trátase da despedida do profe Víctor que muda de cole logo de 16 anos impartindo docencia nas Viñas Blancas... esta é a súa canción favorita: "El sitio de mi recreo" (Antonio Vega).
E moitísimas grazas á profa Natalia (Relixión Evanxélica) por tinguir coa súa fermosa voz, durante estes dous cursos, as cancións que serviron de pegamento nos proxectos didácticos integrais anuais.