domingo, 10 de junio de 2018

RUXERRUXE NAS ONDAS TV #1: COÑECENDO A FINA CASALDERREY, XIÁN GUTIÉRREZ E CARMEN CASTRO

Hoxe, 14 de xuño, houbo un acto na Biblioteca Municipal de Marín no que proxectamos en primicia o primeiro programa de Tv "Ruxerruxe nas Ondas", do Canal Tambo.
Presentáronno os seus produtores, os alumn@s de Valores de 6º de Primaria, e... houbo cheo até a bandeira!!!
Sen dúbida foi o colofón do PDI proposto polo recuncho de Tambo: "A maxia de comunicar".
Estivo interpretado en lingua de signos, in situ, por Rosa, de EntreSignos.
Contamos coa presenza estelar da madriña da nosa Biblioteca: Fina Casalderrey.
Dentro do programa houbo unha fermosa entrevista na que nos contou, de primeira man, cousas sobre María Victoria Moreno.
Saíu tamén unha estrevista a Xián Gutiérrez, publicidade propia, un consello vial, un videoclip e moitas máis cousas!!!
Como esta data coincidiu coa celebración do "Día Nacional das Linguas de Signos", acudiu Miriam (EntreSignos)... e proxectamos o noso videoclip-curta, producido coa súa axuda: "Xa non teño medo".
Houbo unha sorpresa moi especial e chea de emoción, xa que unha parte do programa, estivo adicada á profe Carmen Castro, que despois de más de 40 anos traballando no ensino (34 deles no Carballal), xubílase nuns días.
Moitísimas grazas a todos e a todas por vir!!!
Aquí podedes visualizar xa o noso primeiro programa de tv:



E aquí o anuncio que fixemos para o evento: