miércoles, 20 de junio de 2018

FESTIVAL DE FIN DE CURSO E GRADUACIÓNS 2018 CON SORPRESA

Despois dun curso ateigado de proxectos ("A maxia de comunicar"), hoxe celebramos o Festival de Fin de Curso e as Graduacións de Infantil e Primaria no cole.
Queremos despedirnos ata setembro cun vídeo-resumo das actuacións que fixestes e coa despedida da rapazada de 6º de Primaria que xa vai para o instituto.
Desexamos que sexades moi felices nestes máis de dous meses de vacacións que vos quedan por diante e recordade que todo é posible... este ano conseguimos facer un xornal, crear unha radio-tv no cole e acadamos moitos premios que nos deron folgos para seguir traballando.
Queremos darlle unha aperta especial a Carmen Castro, que despois de 34 anos no Carballal, xubílase estes días.
Mirade que corredor de agarimo argallamos o último día de clase... colleuna por sorpresa e... emocionouse!!!


Lede moito Tambeir@s!!!


Temos tamén unha sorpresiña, xa que a dirección do FicBueu, notificounos que o videoclip "A bruxa das Antenas" é un dos catro finalistas da edición 2018.



O sábado 15 de setembro, nunha gala presentada por Paco Nogueiras, saberemos cal foi o gañador da Sección Escolas: Educación Especial, Infantil e Primaria.
Despois da gala haberá un concerto do propio Paco Nogueiras co seu traballo "Radio BuleBule".
Xa pola tardiña temos un obradoiro de interpretación con Nani Matos.
Cando voltemos ás aulas xa informaremos ben de todo pero se queredes cotillear deixamos o link da páxina oficial do FicBueu:

https://www.ficbueu.com/es/

Pechamos o chiringo!!!
Feliz verán!!!