martes, 30 de abril de 2019

ENSALADA DE ACTIVIDADES

O alumnado de 2º de primaria desfrutou dunha marabillosa sesión de animación á lectura, o pasado 29 de marzo, da man da Editorial SM, coa asturiana Olga Cuervo.


Faloulles da súa infancia e de como coñeceu a Mamagallo... que lle ensinou a contar contos.
Aínda que lles mandou buscala polo cole, non foron quen de atopala... pasáronno xenial!!!


Os nenos de Educación Infantil tamén tiveron unha sesión impartida pola Asociación DownGalicia, na que escoitaron un fermoso conto por parte dunha persoa con ese síndrome.


Tamén visualizaron un fermoso vídeo que podedes atopar na web: 


Por outra banda, os nenos e nenas de 1º de primaria, continuaron aprendendo cousiñas sobre o mar, en concreto, sobre a contaminación.


A sesión foi impartida por Benito Calviño Campelo (irmá da profe Pili) e trouxo numerosos utensilios empregados nas tarefas do mar e algúns residuos.


Tamén visitamos, todos os alumnos e alumnas do Carballal, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, por quendas, durante dúas semanas.


Tiñan un montón de actividades de contaconcontos, animación á lectura, manualidades, etc...argalladas para nós coas que gozamos moito.
Deica o ano que vén, Órbil!!!


Xa para rematar fixemos unha serie de saídas á Piscina Municipal para habituarnos ás actividades de natación e salvamento acuático que recibiremos en 6º de primaria, na materia de libre configuración que oferta o noso centro.


A verdade é que desexamos ser xa os maiores do colexio!!!