viernes, 3 de mayo de 2019

CLUB DE LECTURA, MARC TAEGER, "MARÍN EN VERDE" E SEGURIDADE VIARIA

Este venres, 3 de maio, celebrouse no recuncho de Tambo, a cuarta e derradeira sesión do Club de Lectura de este curso.


Adicouse ao marabilloso libro "Ojo de nube", de Ricardo Gómez, ilustrado por Jesús Gabán e editado por Barco de Vapor.


Os e as asistentes, remataron cun xogo de mímica ben divertido, disfraces e unha papadela de biscoito!!!


Os nenos e nenas de 1º de primaria, continuaron tamén este venres, coa súa investigación sobre o mar.
Gozaron da visita de Marc Taeger, que impartiu un obradoiro sobre a reutilización, reciclaxe e recreación do lixo que deixan as mareas.


A continuación, tiveron unha sesión de contacontos coa mestra Olalla González, mentres o noso convidado debuxaba co seu estilo tan persoal e característico...


O xoves, 2 de maio, presentouse na Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos", o libro "Marín en verde", moi útil para aprender cousas dos espazos naturais da nosa vila e moi acorde co PDI de este curso: "Marín, de todo un chisquín".


Un dos seus autores é Gaspar Bernárdez, un vello coñecido do cole que moito nos aprendeu de árbores nos últimos cursos...
Xa temos un tomo dedicado na biblio por se queredes consultalo!!!


Por outra banda, o xoves 2 e o venres 3 de maio, a rapazada do Carballal aprendeu moito de Seguridade Viaria enriba das súas bicicletas.


Contamos, como en anos pasados, coa colaboración da Policía Local e desfrutamos a cachón!!!


Para rematar, deixamos tres traballos audiovisuais relacionados con esta materia para que refresquedes a memoria...