Fixemos unha romaría popular con música, traxes e baile rexional.
Degustamos doces típicos, gozamos dos xogos tradicionais cedidos pola Asociación de Veciños de Pardavila e tamén alucinamos coas Cantareiras "Fentos e Frouma" de Marín.
O prato forte, consistiu na colocación dun mural-crebacabezas coa bandeira de Galicia, adicado a Antón Fraguas, homenaxeado neste 2019, que foi gravado a vista de paxaro.
O alumnado de 6º de primaria da materia de Valores Sociais e Cívicos, interpretou ao vivo, unha canción orixinal con verbas deste grande historiador, antropólogo, etnógrafo e escritor galego de pura cepa.
Moi pronto publicaremos un videoclip que tamén argallaron, titulado "Por amor á nosa terra" porque, o Día das Letras Galegas, non é somentes o 17 de maio, é todo o ano...
Foi unha xornada marabillosa que pode resumirse neste pequeno vídeo:
Tendes aquí unha ligazón anegada de actividades ben divertidas que podedes empregar para saber moitas cousas de Antón Fraguas:
E para lembrar un pouquiño, aquí deixamos pendurados os videoclips producidos para esta data tan especial, así como as actividades doutros anos.