Hai dous cursos, tivemos dous gañadores na sección videoclips cos proxectos: "O cole que queremos" e "Casares-Tón" e este curso os agraciados son os alumnos e alumnas de 1º de primaria.
O primeiro traballo recoñecido corresponde á sección "Mellor curtametraxe de animación para o 1º ciclo de primaria" co stop motion sobre igualdade xénero, con música propia, inspirado na nosa vila e cun conto da Editorial OQO como punto de partida: "Maruxa".
O segundo agasallado é na sección "Mellor reportaxe para o 1º ciclo de primaria", co proxecto de corte literario gravado in situ: "As praias de Marín".
Os dous son en galego e pertencen ao PDI: "Marín, de todo un chisquín".
Mil parabéns rapazada!!!