viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021: "OS LIBROS SALVARÁN O PLANETA

Esta semana festexamos no Carballal o Día do Libro (23 de abril).
Dende o recuncho de Tambo argallamos tres actividades para ensalzar os marabillosos contos que nos fan soñar.


1. O conto da miña vida.
Eliximos varios contos, ilustramos a súa tapa e... con todos os debuxos, elaboraremos un propio para agasallar a Tambo no seu novo recuncho.


2. Padriños Lectores (Contacontos).
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria narrou e dramatizou, por parellas e dunha forma ben divertida, como auténticos heroes e heroínas, unha chea de contos clásicos ao resto da rapazada do cole como: Garavanciño, A cebra Camila, Os tres porquiños, Carapuchiña Vermella, Hansel e Gretel, Elmer, O patiño feo, Cincenta, etc.


3. Agasallando libros.
Dende a biblioteca, agasallamos con libros aos cativos e cativas para que poidan vivir aventuras e emocións.


Deixamos un vídeo resumo como testemuño deste gran día:


O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares deseñou unha fermosa curtametraxe para este día, na que participa toda a rapazada do colexio e que será exposta no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ("Emerxencia literaria: libros para salvar o planeta").
Todos e todas, coma bos heroes e heroínas, pescudamos solucións para sanar á Terra das súas dolencias.
Agardamos que vos guste Tambeiros/as!!!