Esta semana celebramos a Festa dos Maios no Carballal e confeccionamos un ben bonito entre toda a comunidade educativa.
Elaboramos coplas relacionadas co PDI 2020/2021 "Heroes enmascarados" e interpretámolas ao vivo da forma tradicional.
Participamos no concurso convocado polo Ateneo Santa Cecilia e aprendemos moito sobre: pampullos, espadaina, fiúncho, coroas, etc.
A calidade dos Maios foi tan boa que o xurado decidiu conceder os premios "ex aequo" (160 euros).
Deixamos un vídeo resumo coa canción máis mítica dedicada a esta festividade de fondo, que agardamos sexa do voso agrado.
Para rematar, queremos felicitar a todo o alumnado, por actuar como verdadeiros heroes e heroínas durante o cribado realizado esta semana no cole con probas pcr... no que non houbo ningún positivo!