Un ano máis, chega o Festival Audiovisual Escolar "Olloboi" de Boiro, unha iniciativa fermosa argallada por mestres que pretende dar visibilidade aos traballos escolares e que conta con cómplices do mundo do cine galego como Miguel De Lira, Federico Pérez ou Xosé Antonio Touriñán.
Temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas con dous vídeos na sección "Peque".
O primeiro deles é unha curtametraxe na que participou todo o alumnado do cole e por iso estamos especialmente ledos: "Os libros salvarán o planeta".
O segundo é un stop motion que produciu o alumnado de 3º de Educación Primaria hai dous cursos: "Maruxa".
A gala de entrega de premios será o vindeiro sábado 12 de xuño ás 19:30, no Parque de A Cachada de Boiro e nela, vaise estrear o documental "Cadernas de Olloboi" que trata de dar testemuño aos 10 primeiros anos deste festival e na que o noso cole está representado nas entrevistas e vídeos-resumo.
Por motivos sanitarios recibidos dende a organización do festival, só asistirán algúns representantes do colexio.