jueves, 9 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2021/2022

Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca, queremos darvos a todos e todas, unha agarimosa benvida a este novo curso que comeza e que promete ser mellor que o anterior, se somos responsables e cumprimos as normas que nos impuxo a pandemia.

Temos dúas novas que contarvos para comezar con bo pé:

1. O videoclip "Heroes enmascarados", resultou ser un dos tres finalistas da "Sección Escolas Galegas" do FicBueu 2021.


As outras dúas pezas podedes miralas tamén e facer o voso pronóstico!



A gala de entrega de premios, na que se coñecerá o fallo do xurado, será o vindeiro domingo, 19 de setembro, no Centro Social del Mar de Bueu ás 10:30 horas. A continuación, haberá unha actividade didáctica relacionada coa Música e o Cine por parte de Caspervek.

Debido ao protocolo COVID, somentes foron convidadas un máximo de 20 persoas implicadas nese videoclip polo que, informaremos directamente aos agraciados/as para que confirmen asistencia. No caso de que queiran acudir máis de 20... teremos que facer un sorteo.

Se queredes máis información, podedes premer na seguinte imaxe.


E aquí deixamos o cartaz de actividades do MiniFic para gozar en familia.



2. Por outra banda, informamos que o noso centro resultou ser un dos cinco Premios de Innovación en Dinamización Lingüística do curso pasado grazas ás actividades en galego dos PDI "Traballa cos teus soños" a "Heroes enmascarados".
Recibiremos unha dotación de 2000 euros para seguir traballando nesta liña.

E máis nada tambeiros/as... moito ánimo!!!