Veñen de comunicarnos dende Ourense que somos finalistas no Festival de Cine OUFF Escola co videoclip sobre Xela Arias Castaño que argallou o alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria durante o curso pasado.
Estaba baseado en dous dos seus libros ("Non te amola" e "Darío a diario") e contén unha pequena curtametraxe e un videoclip.
Lembrades o seu título?
A gala de entrega de premios, onde se desvelará o gañador, será o vindeiro luns 27 de setembro vía streaming ás 11 da mañá e conectaráse o alumnado implicado no traballo.
Moita sorte a todos e todas!
Por outra banda queremos informarvos que a gala final do FicBueu, celebrada o pasado domingo 19 de setembro, foi unha auténtica marabilla presentada por Bea Campos.
Proxectaron a nosa peza "Heroes enmascarados" e os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria participamos nunha actividade de cine e música ben divertida da man de Caspervek.
Xogamos un pouco no tempo morto e cargamos a pila merendando algo.
Non fomos os gañadores pero recibimos un lote de libros, cortesía de Kalandraka Editora, para a nosa biblioteca escolar.