viernes, 8 de noviembre de 2024

MAGOSTO 2024 - INVERNADOIRO - EQUIPO DE MEDIACIÓN - DESPEDIDA DE ÁNGELA - SAÍR CORRENDO

O pasado venres, 8 de novembro, festexamos O Magosto no cole coa axuda da ANPA "Viñas Blancas" elaborando pareados ben xeitosos.


Fixemos unha chea de cestas relacionadas co PDI deste curso e había verdadeiras obras de arte.


Tivemos un roteiro de xogos populares ben divertidos no exterior e... a piques estivemos de poñernos mollados coma pitos!!!


E por suposto, papamos "castañas viaxeiras"... e algún choripán!!!


Aquí tedes un vídeo-resumo cunha canción que argallou o alumnado de 4º de Educación Primaria que tamén contén imaxes do Samaín.


Continuamos cos Polos Creativos durante os recreos da semana... aquí podedes ver unha actividade de invernadoiro argallada polo profe Ismael centrada na recolleita de pementos de Padrón sementados o pasado curso!!!


O Equipo de Mediación, formado por alumnado de 6º de Educación Primaria, proxectou polas aulas de Infantil e Primaria unha presentación.

A temática foi a resolución de conflitos nos recreos e desenvolveuse durante a sesión do xoves, 7 de novembro.


Despedimos á nosa administrativa que comeza unha nova andaina laboral noutro centro educativo... agardamos que teñas moita sorte, Ángela!!!


Dentro de moi pouco, saberemos tamén o título do PDI anual pois... hai unha chea de propostas penduradas neste taboleiro!!!


Para rematar, deixamos a letra e un ensaio da canción que interpretaremos o vindeiro 25 de novembro no "Día Contra a Violencia de Xénero".

Trátase do arranxo dun tema de Amaral ("Saír correndo") que en breve terá un karaoke para que poidades ensaiar na casiña... aínda ten algún falliño pero sérvenos para aprendela, tambeiros/as!!!